The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
Sinopse
No inicio do filme, preséntase "Halloween Town" e a súa celebridade máis famosa, Jack Skellington, o rei de cabaza (The Pumpkin King). Vemos que Jack, a pesar de ser amado e respectado polos habitantes da cidade, sofre de depresión, porque está canso de celebrar o Halloween ano tras ano. Na súa miseria, camiña sen rumbo polo cemiterio co seu can fantasma: Zero. Máis tarde descobre un círculo de árbores que nunca vira antes. Cada árbore ten un representante na porta da festa que pertence á cidade á que conduce. Jack é inmediatamente atraído a unha árbore chea de adornos. Cando Jack abre a porta para a árbore de Nadal, é transportado a unha cidade chea de neve, luces e felicidade. Jack está resaltado con todas as cores, que enchen o aire, e entende que é o que estaba a buscar.
Produción
A idea orixinal para a película ocorréuselle a Tim Burton, mentres traballaba como animador para a Disney. A idea comezou a tomar forma na súa cabeza cando viu nunha tenda que os trebellos de Halloween estaban a ser trocados polos de Nadal. Así, naceu o gusto de Tim por filmes como How the Grinch Stole Christmas (De como o Grinch roubou o Nadal) do Dr Seuss, e Rudolph o reno do nariz Vermello. Nunha entrevista tamén describe Nightmare Before Christmas en oposición a unha historia do Grinch, mentres que o segundo tenta destruír o Nadal, Jack realmente quere celebralo, pero accidentalmente acaban case por destruílo. Á vez que traballaba, Burton fixo un poema sobre un anaco de papel e algúns debuxos. Nesta versión, contaba só con Jack, Zero e Papá Noel. O resultado do filme foi moi diferente a partir desta primeira vista.
O guión foi adaptado por Michael McDowell e guionizado por Caroline Thompson. Orixinalmente, Tim Burton ofreceu esta idea para a compañía Disney, pero foi rexeitada. Disney dixo que era para mozos máis vellos, de modo que Burton mantivo o seu equipo e continuou o seu traballo en The Black Cauldron. Non foi ata anos máis tarde que Burton podería comezar a produción do filme que sempre arelou crear.
O filme non o puido dirixir por conflitos de axenda con Batman Returns. Orixinalmente ía ser un libro para nenos con rimas. Finalmente, a película foi dirixida por Henry Selick e escrita por Michael McDowell e Carolina Thompson, baseado na historia, mundo e personaxes orixinais de Burton. O deseño das escenografías, os personaxes e a historia fixeron desta película unha pequena obra mestra non comprendida pola crítica. Porén, a historia do rei do país do Halloween que desexa transformarse nun benévolo Papá Noel foi ben recibida polo público, converténdose nun filme de culto. Desde entón os produtos alusivos á cinta véndense por millóns, desde carteiras ata xoguetes. Burton colaborou con Selick de novo para James and the Giant Peach (1996), película que Burton coproduciu. O filme axudou a xerar un renovado interese na animación stop-motion.
Unha escena borrada de The Nightmare Before Christmas representaba un grupo de vampiros xogando ó hóckey nun lago conxelado coa cabeza decapitada do produtor, Tim Burton. A cabeza foi substituída por unha cabaza de Halloween.
Voces
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Vídeos musicais | |
---|
| |
---|
Produtor | |
---|
Libros | |
---|
Series de televisión | |
---|