The Princess and the Frog é un filme estadounidense dirixido por Ron Clements e John Musker. Baséase na novela de E. D. Baker The Frog Princess.
Sinopse
Conto de fadas situado nos Estados Unidos con ambientación no barrio francés de Nova Orleáns. Na historia, un príncipe de nome Naveen, do país de Maldonia, é transformado nun sapo polo malvado meigo voodoo Dr. Facilier. O príncipe sapo pídelle a unha xove, chamada Tiana, que o bique para trocar o feitizo. Porén, o bico non fai efecto e ademais converte a Tiana nun sapo. Xuntos terán que atopar a sacerdotisa voodoo de Bayou, Mama Odie, acompañados dun caimán que toca a trompeta e un vagalume namorado dunha estrela.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas