Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio".
Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Baséase na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi. Foi o segundo filme animación da Disney logo de Snow White and the Seven Dwarfs e foi estreada orixinalmente por RKO Radio Pictures o 7 de febreiro de 1940 nas salas de cinema dos Estados Unidos. Obtivo dous premios Óscar.
Sinopse
Un ancián chamado Geppetto crea unha marioneta de madeira chamada Pinocchio. O inventor desexa que Pinocchio sexa un neno de verdade. A Fada Azul fai realidade o desexo de Geppetto e dá vida ao monicreque, pero conservando o seu corpo de madeira. A fada asigna a Pepiño Grilo como conciencia de Pinocchio, para que o afaste dos problemas e o aconselle en situacións difíciles. Pepiño Grilo non é escoitado por Pinocchio, quen pasa por varios problemas para volver co seu pai Geppetto, ao reencontrarse convértese nun neno de verdade.
Personaxes
Características
O filme foi adaptado por Aurelio Battaglia, William Cottrell, Otto Englander, Erdman Penner, Joseph Sabo, Ted Sears e Webb Smith do libro de Collodi. A produción foi supervisada por Ben Sharpsteen e Hamilton Luske, e as secuencias do filme foron dirixidas por Norman Ferguson, T. Hee, Wilfred Jackson, Jack Kinney, e Bill Roberts.
Galardóns e nomeamentos
- 1940: 2 Oscars: Mellor canción e banda sonora orixinal.
Véxase tamén
Ligazóns externas