Frankenweenie é un filme de animación estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2012.[2] É un remake da curtametraxe homónima de 1984 de Burton, e é unha parodia do filme de 1931 Frankenstein baseado no libro de Mary Shelley Frankenstein ou o moderno Prometeo. Os actores de voz inclúen a catro que xa traballaran con Burton noutros filmes: Winona Ryder (Beetlejuice e Edward Scissorhands); Catherine O'Hara (Beetlejuice e The Nightmare Before Christmas); Martin Short (Mars Attacks!); e Martin Landau (Ed Wood e Sleepy Hollow).
Sinopse
O experimento científico que leva a cabo o pequeno Victor para facer resucitar o seu adorado can Sparky, obrigarao a afrontar terribles situacións cuxas consecuencias son imprevisibles.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2012: Oscar: Nomeada a Mellor filme de animación.
- 2012: Premios BAFTA: Nomeado a mellor filme de animación.
- 2012: Critics Choice Awards: Nomeado a mellor filme de animación.
- 2012: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme de animación.
- 2012: Premios Annie: 5 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2012: Globos de Ouro: Nomeado a mellor filme de animación.
- 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor filme de animación.
- 2012: Asociación de Boston: Mellor filme de animación.
- 2012: Satellite Awards: Nomeada a mellor longametraxe de animación.
- 2012: Asociación de Críticos de Chicago: Nomeado a mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Vídeos musicais | |
---|
| |
---|
Produtor | |
---|
Libros | |
---|
Series de televisión | |
---|