Thomas James "Tom" Kenny, nado o 13 de xullo de 1962 en Syracuse, Nova York, é un actor, actor de voz, cantante e comediante estadounidense. O seu papel máis destacado é como SpongeBob na serie SpongeBob SquarePants. Kenny tamén fai a voz de Heffer Wolfe en A vida moderna de Rocko (1993–1996), de Ice King en Adventure Time (2010–presente), do alcalde en The Powerpuff Girls (1998–2005), Dog en Gatocán (1998–2005), e Spyro na franquía Spyro the Dragon (1999–2002). As actuación en vivo inclúen as comedias The Edge (1992–1993) e Mr. Show (1995–1998).
Kenny gañou dous Premios Annie polas súas voces de SpongeBob e Ice King.
Traxectoria
Kenny naceu e medrou en Syracuse, Nova York, fillo de Theresa Bridget (Donigan) e Paul Austin Kenny.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas