MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos. En termos comúns, esta é unha base de datos sobre xogos enorme". A partir de 2009, ese catalogo inclúe máis de 87 plataformas de xogos separadas (consolas, computadoras e artefactos de man incluíndo teléfonos móbiles) e máis de 30 000 xogos únicos.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas