Family Dog é unha serie de televisión animada estadounidense creada por Brad Bird que se emitiu orixinalmente dende o 23 de xuño até o 28 de xullo de 1993 a través de CBS. Conta a historia dunha familia suburbana, os Binsfords, a través dos ollos do seu can chamado Jonah.[1][2] A serie foi a primeira colaboración entre os produtores executivos Steven Spielberg e Tim Burton.
Atrasado durante anos e mal recibido pola crítica, este programa foi cualificado como "un dos maiores fiascos na historia da animación televisiva, tanto a nivel creativo como comercial, a pesar (e en moitos sentidos como consecuencia) do talento detrás do proxecto".[3] Un crítico observou que o principal problema coa serie era que "a familia Binford era tan repulsivamente egoísta que o interese da audiencia nas súas aventuras era nulo".[4]
Personaxes
- Martin Mull como Skip Binsford, o pai
- Molly Cheek como Bev Binsford, a nai
- Danny Mann como Jonah, o can da familia
- Zak Huxtable Epstein como Billy Binsford, o fillo
- Cassie Cole como Buffy Binsford, a filla
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Vídeos musicais | |
---|
| |
---|
Produtor | |
---|
Libros | |
---|
Series de televisión | |
---|