Ramón Vivero Geada, coñecido como Novolitos, nado en Xerdiz (Ourol) en 1909 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Antigo garda de asalto da 46 Compañía de Asalto de Barcelona, foi promovido a cabo pola súa lealdade á República en xaneiro de 1937.[1] Propietario dun bar en Lugo que era centro de reunión e encontros. Militante do PCE dende 1944. Enlace entre os diferentes comités comarcais e o provincial. Colaborou con Marcelino Rodríguez Fernández “Marrofer” a comezos de 1945 na posta en marcha da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Proporcionaba armas á guerrilla. Foi detido en febreiro de 1946 con Julio Nieto López e Enriqueta Otero. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 18 de xullo de 1946 no proceso 75/1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, José María Urquiola Iglesias e Marcelino Villares Santiago, foi condenado a pena de morte.[2][3] Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Julio Nieto López o 21 de setembro de 1946.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 140. ISBN 84-8485-231-8.