Luis Muñoz Marín, nado en San Juan o 18 de febreiro de 1898 e finado o 30 de abril de 1980, foi un escritor, senador e o primeiro gobernador de Porto Rico, electo democraticamente polos portorriqueños. Traballou xunto ao goberno dos Estados Unidos para conseguir unha Constitución para Porto Rico que creara condicións favorables para que a illa puidera alcanzar progreso tanto económico como político. Muñoz exerceu o cargo de gobernador durante 16 anos e os seus logros fixérono merecedor da Medalla da Liberdade e do título de «Pai do Porto Rico Moderno».