O renacemento da presenza da ópera no mundo da música, decote grazas ás gravacións, supuxo un considerable incremento do repertorio. Antes, os teatros ofrecían sempre os mesmos títulos, limitando a cincuenta ou como moito a cen as obras que ofrecían regularmente. Porén, actualmente non para de medrar o número de óperas redescubertas que se foron incorporando aos circuítos operísticos.
Esta lista de óperas máis importantes segue o criterio dos expertos que se mostran no apartado de bibliografía consultada e pretende mostrar todas aquelas óperas que se interpretan con frecuencia, tiveron un éxito considerable na súa estrea, ou ben pasaron á historia por algún motivo que as fixo notables. As óperas da lista cobren tódolos xéneros importantes, e inclúen tódalas óperas interpretadas regularmente, a partir do século XVII as obras de Monteverdi, Cavalli, e Purcell, ata finais do século XX as óperas de Messiaen, Berio, Glass, Adams, Birtwistle, e Weir. Os comentarios que acompañan a cada ópera ofrecen unha breve explicación de por que se considerou importante. As óperas da lista aparecen por orde cronolóxica segundo o ano da súa primeira representación, ou no caso de que se estrearan moito despois da morte do compositor, a data aproximada da composición.
É a primeira ópera conservada dentro das escritas no chamado stile rappresentativo, no que, contra as praxes da época, cantábase nunha soa voz e cun breve acompañamento orquestral.[1]
Considerada por moitos como a primeira ópera[2]. Monteverdi tiña a consciencia de que se atopaba ante un novo xénero musical e que, polo tanto, non podía rexerse polas normas de espectáculos anteriores, incluídos os de Peri.[1]
A primeira ópera de Monteverdi para Venecia, baseada na Odisea de Homero, exhibe o dominio do compositor no retrato de individuos xenuínos en oposición a estereotipados.[3] É a penúltima ópera do compositor e, aínda que hai notables diferenzas respecto das anteriores, non hai dúbidas da súa autoría.[1]
A derradeira ópera de Monteverdi, composta para a audiencia veneciana, aínda se adoita interpretar na actualidade. O seu contexto veneciano axuda a explicar a ausencia completa do ton moralizante decotío asociado á ópera desa época.[3]
Unha das primeiras óperas de Cavalli en ser representadas no século XX. A ambigüidade dalgúns personaxes, favorecida pola aparición dos castrati, só se entende tendo en conta que era da época previtoriana.[1]
Como tódalas óperas venecianas deste período, as escenas alusivas ao drama clásico son acompañadas por escenas cómicas con longos recitativos a cargo de nutrices, criados e outros personaxes de tipo humorístico.[1]
O que a fai especialmente notable é o seu Prólogo, no que o Amor e a Filosofía discuten de xeito agudo e divertido. Foi a primeira ópera italiana representada na corte austríaca.[1]
Esta ópera chea de escenas fortes: de solos e fragmentos vocais corais ata a súa marabillosa música orquestral. De xeito infrecuente en Lully, os amantes morren traxicamente.[5]
A primeira ópera de Händel para o escenario de Londres era tamén a primeira ópera completamente italiana interpretada nesa cidade[9]. Os papeis masculinos que han de ser interpretados por voces femininas ou contratenores, con supresións e trocos posteriores á escena, son as dificultades para representar esta ópera actualmente. Moi notable é a aria Lascia ch'io pianga.[1]
É considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vocais, de gran profundidade. Foi a ópera máis difundida do compositor alemán no século XX.[1]
Contén unha brillante escena da morte de Bajazeto, que ten a particularidade de que foi escrita para tenor -papel nada frecuente nas súas óperas-, é considerada un dos mellores momentos da obra de Händel.[1]
Adoitábase cantar cos diálogos en alemán e as arias e duetos en italiano. Non se volveu representar ata os anos 60, cando comezou realmente a circular por Europa.[1]
Unha sátira da opera seria italiana baseada nunha obra teatral de John Gay, o formato de ballad opera de The Beggar's Opera mostrou ser popular mesmo ata a actualidade.[10]
Xunto con Alcina goza dunha gran reputación da crítica[9]. Aínda así, no seu tempo non acabou de gustar, a pesar do importante esforzo na orquestración e que ofrecía formas de danza coñecidas por agradar ao público londiniense.[1]
É unha desviación do modelo habitual de ópera seriosa, xa que contén algúns elementos da ópera buffa, moi estraño en Händel. Inclúe a ariaOmbra mai fu, quizais a máis coñecida do autor.[1]
A ópera máis coñecida de Terradelles sobre todo despois da recuperación que levou a cabo Robert Gerhard en 1936. A música é brillante, variada e dunha extrema elegancia na escritura vocal, orientada xa cara ao estilo galante.[1]
Orixinalmente realizada como un masque, nome dado ás óperas autóctonas compostas en Inglaterra, as cualidades dramáticas de Semele levárona aos escenarios de ópera en tempos modernos.[13]
A ópera cómica máis famosa de Rameau. Orixinalmente unha diversión de corte, a reestrea en 1754 foi extremadamente popular entre as audiencias francesas.[12]
Esta obra de Piccinni foi inicialmente moi popular en toda Europa. En 1790 realizáronse máis de 70 producións da mesma representadas en tódalas cidades europeas importantes.[14]
A ópera máis popular de Gluck. O primeiro traballo no que o compositor tentaba reformar os excesos da ópera seria italiana[7]. É a ópera máis antiga representada asiduamente. Á parte da súa música exquisita, tamén contribuíron os poucos medios que se precisan para a súa representación.[1]
En inglés e baseada nun texto de Metastasio, é a obra mestra de Arne. A orquestración é máis que notable e crea o ambiente axeitado nas escenas máis importantes.[1]
Foi un grande éxito cando se estreou en Nápoles. Mysliveček foi o primeiro compositor checo en converterse nun compositor de ópera de renome internacional.
Composta cando Mozart tiña catorce anos e escrita para un esixente elenco de cantantes nunha produción de 6 horas[15]. Un argumento falto de interese que só serve para deleitarse coas complicadas arias de grande elegancia vocal.[1]
Esta obra é recoñecida xeralmente como a primeira ópera buffa importante de Mozart[15]. Foi o primeiro encargo que recibiu de Múnic. A ópera comeza a reflectir a personalidade de Mozart como creador dun teatro musical especialmente refinado.[1]
O derradeiro traballo de Gluck e a súa obra mestra[7]. É a ópera de Gluck máis orientada cara á reforma, por ser a máis austera, a que conta con máis arias curtas e a máis ligada ao movemento neoclásico.[1]
Normalmente coñecida como a primeira ópera madura de Mozart, Idomeneo foi composta logo dunha longa pausa no que respecta á produción operística[11]. Mozart comeza a darlle importancia ao coro e a recortar os recitativos.[1]
Outro Singspiel con moitos diálogos falados tomados de obras do seu tempo, a trama de Der Schauspieldirektor presenta dúas sopranos que compiten para converterse na prima donna nunha compañía acabada de crear. Estreouse xunto á ópera de Antonio SalieriPrima la musica e poi le parole.[15]
A primeira da serie famosa de óperas de Mozart con libreto de Lorenzo Da Ponte, actualmente é a ópera máis popular de Mozart[15]. O autor converteu a obra de teatro As vodas de Fígaro de Pierre-Auguste de Beaumarchais nunha ópera buffa italiana sen ningunha relación musical con España.[1]
Versión que Da Ponte compuxo unificando anacos dunha obra allea e que ampliou para Mozart. A versión de Gazzaniga insiste moito máis nos aspectos buffos da comedia.[1]
A segunda con Da Ponte, Don Giovanni supuxo dende aquela un crebacabezas para escritores e filósofos sobre a súa composición[15]. Foi a única ópera de Mozart que se representou con certa regularidade no século XIX.[1]
A terceira e derradeira con Da Ponte, foi pouco representada durante o século XIX, xa que se consideraba que a trama era inmoral[11]. Con menos presuposto, con menos personaxes e esixencias escénicas, é nesta ópera onde o espírito mozartiano está máis concentrado.[1]
Foi moi popular en Alemaña ata 1810. Logo caeu no esquecemento e non foi rescatada ata mediados do século XX. A pesar do seu argumento imposible, está considerada unha das sete grandes óperas de Mozart.[1]
Chegouse a describir como a apoteose do Singspiel. Foi denigrada durante o século XX pola súa confusión e falta de definición[11]. Non se converteu nunha ópera de culto ata a segunda metade do século XX.[1]
Normalmente considerada a mellor ópera de Cimarosa[11]. Leopoldo II presenciou a estrea de tres horas e gustoulle tanto que a fixo repetir logo da cea dese mesmo día.[17]
Tivo un éxito inmediato e circulou por toda Europa. Logo pasou a interpretarse de xeito intermitente. Unha curiosidade é o baile ruso da derradeira escena, debida á estancia de Cimarosa nese país.[1]
A única ópera francesa do período da Revolución que se realiza regularmente na actualidade. É un escaparate para sopranos famosas como Maria Callas.[7]
Parodia teatral que foi o seu maior éxito e que circulou por toda Europa ata mediados do século seguinte. Dise que era a ópera favorita de Napoleón.[1]
Sorprende a madurez de Rossini con tan só 18 anos nesta farsa nun acto dunha notable complexidade orquestral e que foi a súa primeira ópera representada.[1]
A primeira ópera seria de Rossini, a pesar de cambios obrigados, indisposicións e outros factores que afectaron á estrea, Tancredi levou a fama do autor ata as nubes.[1]
Este melodrama heroico foi descrito polo poeta Giuseppe Carpani así: "É cantilena e sempre cantilena: fermosa cantinela, nova cantinela, máxica cantinela, rara cantinela".[18]
Esta ópera destaca da produción de Rossini polos seus conxuntos frecuentes e a ausencia de arias[18]. O éxito moderno chegoulle a partir de que Maria Callas interpretase este papel buffo en 1950, única vez que o faría a excepción do Barbiere.[1]
Primeira ópera en Nápoles do que xa era o compositor máis famoso do mundo. Foi moi apreciada durante unhas décadas e logo quedou esquecida ata o renacemento rossiniano dos anos 50. Foi notable por dúas innovacións: a coloratura estaba escrita na súa totalidade, sen deixala ao criterio e posibilidades da cantante, e había un recitativo strumentato totalmente escrito na partitura, en lugar do recitativo secco.[1]
É a ópera buffa máis popular de Rossini[18] e a máis representada, cunha sucesión magnífica de arias, duetos e coros. Nacida en plena época belcantista, sobreviviu a tódolos movementos posteriores. Rossini escribiu esta ópera nun tempo récord, xa que o contrato co teatro asinouse menos de dous meses antes da estrea.[1]
Spohr foi o primeiro compositor europeo en tomar o tema de Fausto como base dunha ópera romántica. Logo da estrea seguiu acurtándoa ata 1852, sendo esta a versión máis difundida.[1]
Ópera exótica grazas á situación dos seus personaxes no contorno dun lago das montañas de Escocia, disposición escénica que tiña que agradar aos románticos.[1]
A obra mestra de Weber e a primeira grande ópera romántica alemá[7], especialmente pola súa identificación nacional e a súa carga emocional. O argumento foi tomado dunha lenda popular alemá e moitas das melodías foron extraídas do folclore deste país.[1]
Baseada na comedia O soño dunha noite de verán de William Shakespeare. Weber, enfermo dunha grave infección, aceptou este encargo do Covent Garden para asegurar a subsistencia da súa familia. O compositor morreu dous meses despois da estrea. É unha das pezas clave da ópera romántica alemá e precursora dos dramas wagnerianos. Represéntase moi pouco debido á súa dificultade escénica.[1]
A súa segunda produción profesional e a ópera máis longa de Bellini. Foi a primeira que lle asegurou un lugar definitivo na vida operística italiana ao conseguir unha independencia estilística respecto a Rossini como ningún outro compositor o conseguira.[1]
Deliciosa ópera buffa italiana con reminiscencias francesas. É unha farsa na que Rossini demostra estar en plena forma cunha inventiva fresca e brillante. Porén, logo unicamente escribiría unha ópera máis.[1]
Scribe, Delavigne e Auber tratan nesta ópera a liberdade dos pobos, argumento de moda en París onde se estaba a xestar a Revolución de xullo[1]. A súa estrea en Bruxelas provocou unha revolta que é considerada o disparo de saída da independencia de Bélxica.
Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller. A última ópera de Rossini antes da súa prematura xubilación é un conto sobre a liberdade situado nos Alpes suízos. Axudou a establecer o xénero francés da grand opéra.[7]
Versión de Bellini de Romeo e Xulieta de Shakespeare. Só tivo un mes e medio para a súa composición, polo que tivo que empregar o recurso de despezar a súa ópera anterior Zaira.[1]
A ópera máis coñecida de Bellini, paradigma das óperas románticas. A aria Casta diva do acto I é probablemente a máis famosa das de soprano. O acto final desta obra é notable pola orixinalidade da súa orquestración.[11]
Esta obra foi a ópera máis frecuentemente interpretada en Italia entre 1838 e 1848[22] e en ningún momento desapareceu do repertorio. Contén a célebre aria de tenor Una furtiva laccrima. A principios do século XX foi adoptada por Enrico Caruso como título de éxito seguro e con pouco esforzo, motivo polo cal a obra duplicou o seu prestixio.[1]
Traxedia notable polo uso extensivo do coro[7] que nunca tivo a aceptación do resto das súas pezas de madurez. Foi a derradeira do autor con Felice Romani como libretista.[1]
Unha das máis populares do repertorio de Donizetti[7], que tomaba o relevo Romani. Se non tivo o éxito de Lucia di Lammermoor é polo número pouco común de cantantes que precisa.[1]
Drama situado na guerra civil inglesa, é unha das súas mellores pezas[7]. Bellini e o seu novo libretista Carlo Pepoli escolleron unha historia tipicamente romántica ambientada en Escocia. As cualidades da melodía e a orquestración gustaron a toda Europa, incluíndo a Wagner.[1]
A ópera seria máis famosa de Donizetti, notable pola escena da loucura de Lucia[7]. Donizetti, para darlle un relevo, insólito ata aquela, á figura do tenor, escribiu unha escena final con recitativo, aria e cabaletta.[1]
Glinka comezaba a establecer a tradición da ópera rusa con esta obra histórica[19]. Froito dos coñecementos adquiridos nas súas viaxes por Italia engadindo o contido nacional ruso.[1]
Como crítico musical, Adams criticou a Verdi porque destruía as voces, mentres el ofrecía aos seus intérpretes arriscados malabarismos vocais. Curiosamente ficou no repertorio dos teatros alemáns.[1]
Quizais a máis famosa de tódalas grands opéras francesas, amplamente considerada como a obra mestra de Meyerbeer[7]. Gozou dunha inmensa popularidade na súa época e foi representada centenares de veces nos mellores teatros de Europa.[1]
Esta ópera e Il bravo son os títulos que sobreviviron da extensa creación de Mercadante, mais Il giuramento é a que se achega máis ao nivel de Bellini e Donizetti.
Baseada nun libreto de Scribe, circulou por toda Europa ata principios do século XX. Nos primeiros setenta anos despois da estrea conseguiu a cifra impresionante de máis de 1.200 representacións na Opéra-Comique.[1]
Donizetti escribiuna como distracción da dor que sentía pola morte da súa muller[7]. Practicamente esquecida, mantívose con forza dende a Donizetti Renaissance nas últimas décadas do século XX. Seguindo a moda dos inicios do Romanticismo, está ambientada en Gran Bretaña.[1]
Aínda que fracasou no seu debut, tivo unha carreira brillante en Europa e América. Como a meirande parte das obras de Donizetti quedou esquecida a partir de 1870 para renacer con forza na segunda metade do século XX.[1]
Estreada dous anos máis tarde en París, con ballet como non podía ser doutro xeito, e baixo o título de Les Martyrs, as dúas versións foron interpretadas paralelamente durante un tempo, mais volveuse á versión orixinal, que foi estreada en 1838 en Nápoles.[1]
A primeira ópera de Berlioz está chea de virtuosismos moi difíciles de interpretar[7]. Mal considerada no seu tempo, excepto contadas excepcións, non comezou a circular ata a recuperación do Covent Garden en 1966[1]. Aínda que a súa abertura non deixou de interpretarse como peza de concerto.
Longa e complexa historia que foi un dos primeiros títulos nos que os tenores tiñan que demostrar que eran capaces de cantar o dó#4. Tamén é notable a súa abertura.[1]
A calidade da inventiva de Pacini faise notar de xeito moi especial nesta ópera. Conseguiu un grande éxito na súa estrea en Nápoles e logo en todo o mundo.[1]
Ao instalarse en París, o característico mimetismo de Donizetti permitiulle adaptar as súas ideas italianas ao xénero cómico francés. O éxito foi inmenso e derivou en patriotismo ata o punto de representarse nos teatros o 14 de xullo durante todo o século XIX[1]. A pesar de ser unha ópera "de soprano", a célebre aria de tenor Ah, mes amis con nove dós#4, considerada o "Everest" do repertorio, mantivérona na fama.
Verdi describiu esta ópera como o verdadeiro comezo da súa carreira artística[23]. Recibiu este encargo logo de diversos fracasos e da morte sucesiva dos seus dous fillos e a súa dona. Con esta ópera e o seu coro Va pensiero, Verdi converteuse nun símbolo do Risorgimiento italiano.[1]
Xunto con La sonnambula, é a única ópera semiseria que sobreviviu, co típico final feliz grazas a un feito inesperado[1]. Foi a primeira das óperas compostas por Donizetti para a corte vienesa.
A contribución de Wagner á grand opéra[7]. A excepción da abertura e da conmovedora aria de tenor do último acto, tipicamente wagneriana, todo o demais foi pensar nun produto para a escena parisiense en cinco actos, ballet, números solistas destacados, marcha etc.[1]
Wagner consideraba esta ópera romántica alemá como o verdadeiro comezo da súa carreira[7]. Wagner achegouse ao mundo operístico de Weber, que lle daría a pauta para orientar as súas novas producións[1]. Foi denominada con frecuencia O barco pantasma.
A obra mestra cómica de Donizetti é unha das últimas grandes opere buffe[7]. Escribiuna como unha peza de época, para contentar un público distante ás novas tendencias. É das poucas óperas de Donizetti que sempre se representaron.[1]
Tratando de repetir o éxito de Nabucco, agora sitúa os lombardos na primeira cruzada. É destacable o frescor da inventiva verdiana que se acentúa no notable movemento de concerto de violín e orquestra que precedeu á conversión de Oronte.[1]
Donizetti mostra nesta ópera unha forza dramática que sen dúbida o levaría máis aló do belcantismo se non fose porque, desgraciadamente, unha enfermidade lle atacou o sistema nervioso.[1]
O mellor traballo das primeiras obras de Verdi[7]. Obtivo un éxito que se prolongaría oitenta anos, seguido por un esquecemento e unha reaparición na década de 1970.[1]
A obra máis "medieval" de Wagner describe o conflito entre o amor pagán e a virtude cristiá[7]. Terceira ópera escrita dende Dresden. Wagner non renunciara a triunfar en París e por esta razón a peza ten unha grandeza escénica considerable. A pesar diso, a representación parisiense -a pesar da versión ad hoc que fixo o compositor- foi un fracaso.[1]
Verdi padeceu problemas de saúde cando estaba a escribir esta ópera, que obtivo só un éxito moderado na estrea[7]. Derradeira obra en colaboración co libretista Solera co obxectivo de despertar o sentido patriótico do público.[1]
O primeiro Shakespeare de Verdi[7]. Como tantos outros compositores románticos, Verdi admiraba a Shakespeare e chegou a compoñer tres óperas baseadas nas súas obras teatrais.[1]
Mestura de bo gusto francés, linguaxe italianizante e melodismo xermánico, coa incorporación mesmo dalgunhas pezas de folclore internacional. No seu tempo gozou de miles de representacións[1], mais actualmente só se interpreta en recitais a aria de tenor Ach, so fromm (M'apparì, en versión italiana).
A única ópera alemá de Nicolai foi o seu éxito máis duradeiro[7]. Baseada na comedia homónima de Shakespeare, con reminiscencias de Singspiel e temas populares, tivo un éxito inmenso no seu tempo. Representouse en moitos teatros europeos e americanos.
Baseada no drama Kabale und Liebe de Friedrich Schiller. Verdi saía do esquema habitual do primeiro Romanticismo da comedia de capa e espada para abordar a realidade humana.[1]
A única incursión no mundo da ópera de Schumann foi un fracaso relativo, e a pesar de todo a obra tivo os seus admiradores, de Franz Liszt a Nikolaus Harnoncourt.[7]
Primeira culminación do sistema do leitmotiv. Foi a súa obra máis representada por aplacar o receo que o público tradicional sentía pola música wagneriana.[1]
A primeira -e máis innovadora- das tres óperas de Verdi do período intermedio e que se ten convertido en indispensable no repertorio. Baseada na comedia Le roi s'amuse de Victor Hugo[19]. Logo dun período non de pouco éxito dende Luisa Miller, Verdi entra na madurez cun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza cunha figura central, Rigoletto, un bufón chepudo da corte do ducado de Mantua. É moi coñecida a aria La donna è mobile.[1]
Spohr foi o primeiro compositor europeo que tomou o tema de Faust como base dunha ópera romántica. Logo da súa estrea en 1816, foi retocando a obra ata 1852, forma na que foi especialmente difundida.[1]
Este melodrama romántico é unha das partituras máis melódicas de Verdi[19]. Baseada no trapalleiro drama homónimo de José García Gutiérrez, a trama, un chisco enrevesada, ten lugar durante a guerra civil catalá 1452-1462.[1]
Baseada na narración La dame aux camélias de Alexandre Dumas fillo, marcou o cumio dos éxitos de Verdi na segunda parte da súa carreira. Poucas óperas tiveron tanta difusión como La traviata. A escena do brinde é das máis coñecidas deste xénero.[1]
Estreada vinte e seis anos despois da morte do compositor. A pesar de que ningunha das óperas de Schubert se representa de xeito regular debido especialmente ao pobre interese dos seus libretos, esta ten unha certa envergadura como tal.[1]
A ópera mostra unha clara influencia de Meyerbeer[7]. Baseada no feito histórico das Vésperas Sicilianas, a ópera mostra a súa orixe francesa, por ter sido destinada ao templo da grand opéra. Contén momentos da mellor calidade musical.[1]
A ópera máis grande de Berlioz e a culminación da tradición clásica francesa[7]. Obra grandiosa e desigual, aínda que chea de momentos de gran calidade teatral, Les Troyens non comezou a contar no panorama operístico ata a versión íntegra de Colin Davis en 1969.[1]
De tódalas postas en escena musicais da lenda de Faust, a de Gounod foi a máis popular en audiencia, especialmente na época vitoriana[24]. Actualmente o título continúa sendo popular, mais o custo da montaxe e a extensión fana moito menos frecuente nos teatros.[1]
Na época na que escribiu Un ballo en maschera, Verdi era suficientemente rico para non ter que traballar no resto da súa vida. Esta ópera tivo problemas cos censores porque orixinalmente trataba sobre o asasinato dun monarca (Gustavo III de Suecia), ata que o autor decidiu situala en Boston[7]. Chegaba logo do fracaso das súas dúas últimas óperas Simon Boccanegra e Aroldo.[1]
A ópera contribuíu a dar forza ao drama e velaí a súa popularidade en Hungría, que no resto de Europa non tería moito sentido. Moi influenciada por Donizetti e Verdi.
A última ópera que Berlioz escribiu era o froito da súa admiración eterna por Shakespeare (versión de Much ado about Nothing)[7]. Non se interpreta moito na actualidade, e nunca formou parte do repertorio operístico convencional. Hai varias gravacións e a abertura converteuse nunha popular peza de concerto.[1]
Esta traxedia foi encargada polo Teatro Imperial de Sant Petersburg, e Verdi puido ter estado influído pola tradición rusa na súa escritura[7]. Cun argumento extraído de Don Álvaro o la Fuerza del Sino do Duque de Rivas, forma parte do repertorio operístico habitual. Hai un gran número de gravacións discográficas e é moi representada na actualidade.[1]
Actualmente é a segunda ópera máis interpretada de Bizet e é especialmente famosa polo seu dueto de tenor e barítono[7]. Esta ópera catapultou a carreira de Bizet, aínda que na súa estrea non foi recibida con moito entusiasmo.[5]
A derradeira grand opéra de Meyerbeer estreouse postumamente logo de traballar nela durante 25 anos e de deixala sen finalizar de todo. Tivo un éxito considerable ata os anos 30, cando desapareceu case por completo, a excepción da súa aria de tenor Beau paradis (O paradiso, en italiano) que continúa a interpretarse en recitais. Influenciou as óperas La Gioconda e Aida.[1]
Esta traxedia romántica é o traballo máis radical de Wagner e unha das pezas máis revolucionarias na historia da música[7]. Está o famoso dueto de amor no que as flutuacións da tonalidade imperante durante a extensa escena facilitaron as reflexións dos compositores posteriores sobre a necesidade ou polo menos a posibilidade de rachar co sistema tonal e abrilo a outras combinacións sonoras[1]. É un dos clímax da arte universal de tódolos tempos.
Obra lírica inspirada na novela de GoetheWilhelm Meister, foi a ópera de máis éxito de Thomas xunto con Hamlet[7]. Se ben as súas melodías cativaron toda Europa, actualmente é case descoñecida.[1]
Esta comedia folclórica de Smetana é a máis representada de tódalas súas óperas[7]. A intervención dun circo no terceiro acto culmina con efectividade a simpática obra.[1]
Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller, esta grand opéra de Verdi é unha das súas mellores creacións[7]. A súa popularidade variou moito ao longo do tempo, desaparecendo practicamente ata os anos 50. Verdi recortouna nunha versión italiana, que é a que se adoita representar[1]. Contén a célebre aria de mezzosopranoO don fatale e a de baixoElla giammai m'amò, ámbalas dúas no cuarto acto.
Unha das óperas de máis éxito de Smetana que explora temas da historia checa[7]. Nun principio foi criticada por ser demasiado wagneriana. Moi estimada na República Checa, represéntase pouco no resto de Europa.[1]
A única ópera cómica de Wagner, tamén é a única das súas obras de madurez que inclúe solos de instrumentos de corda. O compositor cínguese á escala diatónica[5]. Levado polo entusiasmo, converteu esta ópera na máis longa da historia do xénero (cinco horas longas)[1]. É unha clara exaltación do nacionalismo alemán.
A ópera de Thomas tómase moitas liberdades respecto da súa fonte shakespeariana[7]. Thomas fai unha áxil adopción dunha música de sólida factura, de harmonías suxestivas e unha coloración instrumental inspirada.[1]
Especialmente famoso como libretista de Verdi, Boito era tamén compositor e pasou moitos anos para conseguir esta versión musical do mito de Faust[7], unha das máis fieis da obra de Goethe. Dende a súa estrea, ten ocupado un lugar relativamente fixo no repertorio internacional.[1]
É a primeira das catro óperas que forman o ciclo Der Ring des Nibelungen. Xa antes de alzarse o pano, a música -un triplo acorde en mi maior de máis de cento trinta compases- atrapa o público nun reino místico, poboado de deuses e criaturas fantásticas.[5]
A segunda do ciclo Der Ring des Nibelungen. Nas producións da tetraloxía adoita ser a favorita, xa que contén os temas musicais máis memorables de Wagner. O máis famoso é o das extraordinarias valquirias, as guerreiras inmortais. A despedida de Wotan e a música do lume máxico final constitúen un dos momentos álxidos da historia da música.[5]
Composta por Gomes en Italia sobre un libreto baseado na novela de José Martiniano Alencar. Percorreu toda Europa e o Brasil mais actualmente está practicamente fóra do repertorio.[1]
Encargada polo gobernador de Exipto para a inauguración da canle de Suez, Verdi inspirouse na grand opérafrancesa. O seu gran dramatismo e excitante música outorgoulle un éxito inmediato e en dous anos representouse en 155 teatros diferentes en todo o mundo.[5]
O gran drama histórico de Mússorgski mostra a desorde de Rusia a principios do século XVII[7] mediante as súas cancións folclóricas e os seus contos ortodoxos a través dos coros e melancólicas arias.[5]
Probablemente a máis popular de tódalas operetas[7]. En Austria adóitase representar arredor das festas de Nadal, coa intervención de cantantes doutros xéneros como convidados.
Cun argumento extraído da novela homónima de Prosper Mérimée, é probablemente a máis famosa de tódalas óperas francesas. Os críticos da estrea estaban impresionados pola mestura que Bizet fixo do Romanticisme e o realismo[7]. Opéra-comique que nos seus inicios non tivo o éxito que foi adquirindo no século XX para converterse nunha das óperas máis representadas.[1]
A terceira do ciclo Der Ring des Nibelungen, forma o núcleo esencial e explica a xuventude e os feitos gloriosos do heroe Siegfried[1]. Os dous primeiros actos foron compostos en 1857, o terceiro fíxoo vinte anos despois cun estilo moito máis evolucionado e presentando unha música excepcional.[5]
Cuarto e último traballo da Tetraloxía. Completa a historia que leva á destrución dos antigos deuses da mitoloxía xermánica, coa que se iniciará unha nova era na historia do mundo[1]. A diferenza das tres primeiras, esta utiliza o corazón. O momento máis salientable é a marcha fúnebre e o solo final de Brünnhilde[5]. Estreouse coa Tetraloxía no primeiro Festival de Bayreuth e completou o ciclo máis extraordinario que se vira ata aquela no mundo da ópera.[1]
Á parte da Aida de Verdi, esta é a única grand opéra italiana que quedou no repertorio internacional[25]. La Gioconda é importante porque sinala por onde seguirá a ópera do fin do século XIX: unha maior atención á expresividade do canto, emprego do leitmotiv wagneriano, e a creación dunha personaxe malvada[1]. É moi célebre o ballet Danza das horas.
Custou moito que esta ópera fose aceptada en Francia tal como pasaba con Wagner[1]. É á única ópera do compositor que forma parte do repertorio estándar francés. Algúns dos fragmentos máis coñecidos desta ópera son a aria para mezzo Mon coeur s'ouvre à ta voix do segundo acto e a Bacanal do terceiro.[1]
A ópera máis popular de Chaikovskii, baseada na novela de Pushkin. O compositor identificouse moito coa heroína Tatyana[7]. É a ópera máis popular de Rusia e aínda que evoca a vida campesiña burguesa da época dos tsares, a súa música é decididamente occidental.[1]
Unha ópera que fala da historia bíblica de Salomé, non obstante o traballo de Massenet foi eclipsado polo tratamento que fixo do mesmo tema Richard Strauss.[7]
O intento de Offenbach de facer un traballo máis serio seguía inacabado á súa morte[7]. Con moito éxito ao principio, as súas interpretacións foron diminuíndo ata practicamente desaparecer. Na década dos 80, co motivo do centenario da morte de Offenbach volveuse difundir[1] e é a súa ópera máis amplamente interpretada na actualidade.[7]
A última ópera de Wagner está considerada a súa obra máis exquisita. Medievalismo, budismo, cristianismo e filosofía únense para crear un idioma operístico sacro. A estrutura seméllase a unha escaleira que sobe ata o éxtase divino[5]. Segundo o mesmo Wagner: un festival escénico sacro[27]. Só o primeiro acto dura máis de dúas horas.
Saint-Saëns preocupouse de incluír material antigo da época. O seu éxito foi, como moito, moderado. Logo dunha longa paréntese, unha gravación do ano 1989 fíxoa revivir.[1]
É a súa ópera máis popular. É considerada unha opéra comique polo seu diálogo falado, mais é especialmente tráxica, ten un ritmo lixeiro e unha música con famosas arias e duetos.[5]
A segunda grande épica de Músorgski sobre a historia rusa quedou inacabada á súa morte[7], Rimskii-Korsakov acurtouna e rematouna para a súa estrea.[1]
A primeira das obras mestras do período tardío de Verdi está baseada nun libreto infrecuentemente bo de Arrigo Boito[23], logo de dezaseis anos de silencio verdiano. Está considerada a mellor das máis de 200 óperas inspiradas en Shakespeare.[5]
Xunto con Pagliacci de Leoncavallo, estreada dous anos máis tarde, percorreu de xeito triunfal non só os teatros italianos, senón tamén os europeos, e converteuse nun símbolo do novo estilo verista, contraposto ao verdiano ata aquela en vigor.[1]
Por ser un autor italiano, sorprende pola súa atmosfera romántica de ton sobrenatural e con regusto xermánico. Pouco representada actualmente, ten un indubidable atractivo.[1]
Escrita en 44 días durante unha viaxe a Italia, converteuse na súa ópera favorita. Cunha música decididamente romántica, a acción sitúase uns corenta anos antes de Pushkin para poder introducir música de baile mozartiana.[5]
Este traballo foi pensado como o último exemplo de ópera semiseria[28]. É unha obra de plácido ambiente rural, cunha parella protagonista que ten unha certa semellanza coa de La Bohème.[1]
Unha das máis famosas óperas veristas, normalmente interprétase xunto con Cavalleria rusticana de Mascagni[7]. A perfección da construción dramática aliada co uso moderado do leitmotiv wagneriano e sen excluír a presenza de arias; tódalas personaxes teñen polo menos unha.[1]
Agora menos interpretada que Manon, é a mellor ópera de Massenet. Adaptada da novela de Goethe, é un piar do movemento romántico, unha historia de amor con final tráxico.[5]
A ópera final de Verdi baseábase noutro bo libreto de Arrigo Boito[23]. Compúxoa en segredo, xa que non estaba seguro de rematala. Foi a primeira ópera cómica de Verdi logo do fracaso de Un giorno di regno 53 anos antes, e unha parodia das de Rossini.[5]
Con influencias de Wagner e do verismo italiano, represéntase sobre todo nos países xermánicos[5]. Emprega elementos folclóricos e cancións populares de Westfalia.[1]
O éxito desta obra establecía a reputación de Puccini como compositor de música contemporánea de primeira fila[25]. A ópera ten un estilo vinculable ao espírito verista que se estaba formando naqueles anos.[1]
Tivo moito éxito no seu momento, mais perdeuno case todo. Non obstante, segue na memoria dos melómanos pola famosa Méditation para violín frecuentemente interpretada en concertos.[1]
Sobre un libreto de Luigi Illica, este drama verista é a ópera máis popular de Giordano[25]. Respira un ambiente netamente hostil á Revolución Francesa[1]. Son famosas o improvviso do tenor do acto I Un dì all'azzurro spazio e a aria de soprano La mamma morta do acto III.
Baseada nas Scènes de la vie en bohème de Henri de Murger. Unha das óperas preferidas do público, a súa forza apoiase na perfecta unión entre unha historia conmovedora e unha partitura moi melódica[5]. Puccini decorou a ópera con algúns destacados leitmotivs. Os principais temas amorosos son a base do evocador cuarto acto.[1]
Versión edulcorada que o banqueiro e mecenas Money-Coutts fixo da novela de Juan Valera. O contido musical da obra é desigual, cunha excesiva presenza de ritmos hispánicos.[1]
Esta ópera foi a porta pola que os autores veristas comezaron a fixarse no mundo oriental. Outro recurso verista tamén está presente: o teatro dentro do teatro.[1]
Na estrea agradou ao público, mais non á crítica, cousa que non impediu un éxito continuo durante trinta anos. Logo apagouse, mais a finais do século XX volveuse representar.[1]
Nesta ópera Rimskii-Korsakov fixo brillantes experimentos na instrumentación, combinando sonoridades e efectos tonais dun xeito que prepara o camiño para a aparición dun Stravinskii ou Prokofiev.[1]
Tosca é a máis wagneriana das óperas de Puccini co emprego frecuente do leitmotiv[25]. É a súa ópera máis famosa nun febril drama de amor, celos e morte. A partitura, guiada polo temperamento feroz de Tosca, está chea de inquietantes arias e duetos.[5]
Peza colorista que tivo éxito polo seu vestiario vistoso e luxoso nos anos 1920 e 1930. Logo sobreviviu con dificultades. Porén, a súa música non deixa de pasar por momentos que nos lembran a ópera wagneriana.[1]
O drama simbolista de Debussy é unha das óperas máis significativas do século XX[19]. Con esta obra Debussy desembarazábase da dependencia da música alemá á cal tan insensiblemente se fora entregando nos últimos trinta anos.[1]
Baseada na comedia realista de Àngel Guimerà mais ambientada nunha España con tódolos tópicos, tivo unha carreira brillante en toda Europa. Actualmente é representada moi ocasionalmente.[1]
Baseada nunha obra de Tolstoi, foi a ópera que lle deu prestixio a Alfano e lle fixo ocupar un lugar destacado no panorama do verismo italiano; por iso foille confiada a conclusión de Turandot de Puccini.[1]
Próxima ao verismo italiano, retrata a vida rural e inclúe bailes folclóricos e coros, mais un ambiente escuro vaise comendo a obra. Tardou 10 anos en completala.[1]
Puccini investigou a música popular e a cultura xaponesa para darlle autenticidade á obra. Porén, aínda que toma algúns motivos xaponeses, a música segue a ser italiana. El mesmo definiuna como a súa ópera máis profunda e imaxinativa.[5]
Unha das operetas vienesas máis famosas[7]. É unha mestura de celebración imperial ao antigo estilo vienés e de cálida nostalxia por unha época feliz. É famoso o valse Lippen schweigen do terceiro acto.[5]
O libreto é a tradución literal ao alemán da obra homónima de Oscar Wilde. Ao finalizar a estrea de Salomé en Dresden, o público ovacionouna trinta e oito veces. Polo seu contido decadente evidente, as súas críticas foron variadas e tivo dificultades para a súa difusión nos primeiros tempos[1]. Actualmente é considerada unha obra mestra e quizais a primeira ópera autenticamente moderna.[5]
A escasa entidade do relato, imaxinado a partir do canto V do Inferno da Divina Comèdia, impediu que esta pequena obra mestra teña a fama que se merece.[1]
Comedia de alto espírito de Nielsen que mira cara a atrás ao mundo de Le nozze di Figaro e que se converteu nun clásico na Dinamarca natal do compositor.[7]
Baseada en lendas rusas, cun argumento fantástico e folclórico, típicamente rimskiana. Converteuse nunha das óperas máis representativas do repertorio ruso.[1]
Esta traxedia escura leva a música de Strauss ás fronteiras do atonalismo. Foi a primeira das numerosas colaboracións entre o músico e o libretista Hugo von Hofmannsthal[7]. Elektra é un papel importante que atraeu sopranos con gran talento dramático e vocal para aguantar largas notas.[5]
Decotío considerada a mellor obra de Rimskii, polo menos é a máis representada. Esta sátira sobre a incompetencia militar deulle problemas ao compositor cos censores, xa que unicamente pasaran dous anos da derrota da Rusia imperial contra o Xapón.[5]
Destaca polo seu sentido teatral: é das poucas óperas do repertorio nas que o que sucede en escena atrae ao espectador case por si mesmo, facendo que a música se converta nun mero subliñado da acción. Deste xeito só conta cunha verdadeira aria no terceiro acto (Ch'ella mi creda).[1]
O traballo máis popular de Strauss e Hugo von Hofmannsthal, esta comedia está situada en Viena no século XVIII[7]. Lévanos á época de Mozart cunha sensibilidade moderna. Para cantar os papeis desta ópera débese ter algo máis que unha boa formación musical[1]. o trío vocal do final do terceiro acto está considerado un dos momentos máis exquisitos da historia da ópera.[5]
A primeira ópera de Ravel é unha farsa de dormitorio ambientada en España[7]. Con música divertida e variada e un traballo escénico considerable, converte esta pequena ópera nunha verdadeira delicia.[1]
Unha mestura de comedia e traxedia cunha ópera dentro dunha ópera[7]. Na figura de Zerbinetta comparece a primeira das grandes figuras de exhibición vocal de Strauss.[1]
Un apaixonante drama español influenciado polo verismo[7] e pola estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e unha brillantez que fixeron desta obra a ópera en español máis representada.
Nesta obra, Zandonai xa abandonara a estética verista para centrarse en episodios da Italiarenacentista. A linguaxe sinfónica da orquestra recibe un tratamento moi eficaz.[1]
O estilo de Stravinski cambiou radicalmente durante a composición desta ópera curta, afastándose da influencia do seu mestre Rimskii-Korsakov cara ao modernismo de Le Sacre du printemps.[7]
Con influencias do verismo italiano, é mundialmente famoso o seu intermezzo, decotío interpretado en concerto. A pesar do seu prestixio, non é un título frecuente no repertorio.[1]
O seu éxito deuse en gran parte á súa visión no estranxeiro como obra exótica de España polo seu tratamento do mundo taurino. A pesar disto, desapareceu do repertorio. É moi famoso o pasodobre tocado en todo tipo de ambientes.[1]
Non tivo éxito ao principio e Puccini revisouna dúas veces[25]. Porén, non conseguiu callar en ningunha época e aínda nos nosos días é pouco representada.[1]
A única ópera de Bartók é un drama psicolóxico intenso e un dos seus traballos máis importantes[19]. Bartók coidou a tonalidade na que está composto cada un dos pasaxes, cunha orquestración diferente adicada a cada unha das portas.[1]
Triloxía composta por Il tabarro, Suor Angelica e Gianni Schicchi. Actualmente estas tres óperas dun acto non se adoitan representar xuntas. Normalmente os teatros representan dúas ou enlazan unha con outra ópera curta.[5]
O alto contido simbólico do complexo libreto de Hugo von Hofmannsthal fálanos da inmortalidade e a vida terreal. Aínda que algunhas ideas son un pouco vagas, a admiración por esta obra crece a medida que é escoitada.[1]
Xa cun estilo posverista, a ópera foi estreada en Roma polo tenor catalán Hipólito Lázaro, un dos poucos que tiña a potencia e a resistencia física necesarias para este papel esgotador.[1]
A primeira das grandes óperas da última madurez de Janáček, baseada nunha obra de Ostrovski sobre o fanatismo relixioso e o amor prohibido na Rusia provincial.[7]
Unha ópera cómica baseada nun conto de fadas de Carlo Gozzi[19]. O seu enorme elenco e ritmo rápido deixan pouco espazo ás arias, aínda que a partitura estea chea de vida e humor. A melodía máis famosa é a marcha do segundo acto.[5]
Á parte do tratamento posverista, salienta a integración do cinema na narración, co percorrido a cabalo de Romeo, mentres se ve avanzar, filmada, unha estrada con árbores que van pasando.[1]
Unha das obras máis populares do compositor, a historia está baseada nuns debuxos sobre animais do campo checos[7]. Curiosa fábula cun equipo de cantantes que teñen que representar animais nunha das pezas máis coloristas e curiosas do repertorio operístico.[1]
Busoni pretendía que esta ópera fose o clímax da súa carreira, mais quedou inacabada á súa morte[19]. É unha obra moi complicada, difícil de montar nun teatro de ópera e con numeroso persoal e polo tanto se representou pouco. Incluíu fragmentos de obras súas diversas.[1]
Unha das óperas chave do século XX. Baseada nunha trama sorprendentemente antiheroica, a obra de Berg mestura técnicas atonais con outras máis tradicionais[11], e deulle unha estrutura sinfónica[1]. Tardou oito anos en compoñela e a súa influencia en compositores posteriores é difícil de esaxerar.[5]
Unha ópera en estilo neoclásico de Hindemith sobre un xoieiro psicopático[7]. Hindemith revisou a partitura porque o modismo musical parecía rudo e indisciplinado[35]. Esta segunda versión apareceu en 1952.
Unha das óperas polonesas máis importantes, está chea de harmonías orientais[7]. Szymanowski creou unha partitura exótica e impresionista, aínda que as longas esperas para rematar este proxecto provocaron que se vexan estilos diversos.[1]
Janáček quixo facer un experimento musical e lingüístico para renovar o xénero, cunha actitude próxima ao expresionismo. Non tivo seguidores e Janáček morreu dous anos máis tarde sen ter insistido.[1]
A última ópera de Puccini quedou inacabada á súa morte[25]. Pode considerarse posverista polo xeito de tratar a idea do amor sen a morte dos amantes, á vez como finalidade á que se lanzan os mesmos desafiando os perigos[1]. É moi famosa a súa aria Nessun dorma.
Inacabada á morte de compositor, a ópera de Schönberg emprega frecuentemente técnicas serialistas[11]. Complexa dende tódolos puntos de vista, foi representada en poucas ocasións xa que require dun conxunto de profesionais de grande altura e dun coro extraordinariamente ben preparado.[1]
Foi a última ópera na que Strauss empregou un libreto de Hugo von Hofmannsthal[33]. Concibida como un segundo Der Rosenkavalier, ambientada nunha Viena a ritmo de valse. A estrea non tivo éxito, mais co tempo gañou popularidade.[5]
Tivo moito éxito en Rusia, ata o punto que o ditador Stalin a foi ver. Este quedou molesto pola linguaxe musical vangardista da ópera, que non se volverá representar ata 1963, revisada mesmo no título: Katerina Izmailova.[1]
Unha ópera cómica baseada nunha obra de Ben Jonson[7]. Sen a man de Hofmannsthal, esta ópera ten un punto máis cerebral que a prexudicou e impediu unha existencia teatral comparable ás demais óperas do compositor.[1]
Inicialmente un fracaso financeiro, unha produción de 1941 que substituía os recitativos da obra por diálogo falado foi un éxito[39]. A inclusión de elementos de jazz e de espiritual negro déronlle un selo moi persoal.[1]
Frecuentemente cualificada como a mellor ópera de Vaughan Williams, esta pequena e fatalista traxedia está ambientada nas Oileáin Árann, ao oeste de Irlanda.[7]
A ópera máis popular de Hindemith é unha parábola sobre un artista que sobreviviu nun tempo de crise, reflectindo a propia experiencia do compositor cos nazis.[7]
Un fito na historia da ópera británica, esta obra marcaba a chegada de Britten á escena da música internacional[7]. Converteuse na primeira ópera en inglés que chegaba ao repertorio internacional dende Dido and Aeneas de Purcell.[5]
Prokofev retornaba á tradición da ópera histórica rusa con este traballo épico baseado na novela A guerra e a paz de Tolstoi[7]. Pouco representada por ser a ópera que máis solistas (37) precisa de todo o repertorio.[1]
Considerada por moitos a mellor ópera de Menotti[40]. A obra é unha denuncia da simplicidade norteamericana en materia de supersticións e crenzas, cunha música excelentemente dosificada.[1]
A primeira ópera de Poulenc é unha curta comedia surrealista baseada nunha obra de Guillaume Apollinaire[7]. A música ten elementos melódicos franceses e conserva o frescor irónico do texto.[1]
Moita da música desta ópera está baseada en tres series dodecafónicas, que representan os temas da oración, a esperanza e a liberdade que dominan a ópera.[42]
Considerada unha das mellores do século XX, é unha obra perfecta sobre as imperfeccións humanas. Todos os protagonistas son masculinos, incluíndo o coro[5].
O traballo operístico máis importante de Stravinski, sobre un libreto de W. H. Auden inspirado polos gravados de William Hogarth, parece posterior a Mozart musicalmente[7]. Consta que Stravinski pediu as partituras das óperas de Mozart para impregnarse ben do seu estilo[1].
Prokofiev non tivo tempo de ver o que ten sido considerado como o traballo máis vangardista do mundo operístico.[29] Unha historia intensa e simbolista sobre o ben e o mal.
Ópera de cámara baseada na historia dunha pantasma de Henry James[41]. Consiste nun tema e quince variacións baseadas na serie de doce notas propia do sistema dodecafónico[1].
Parodia da ópera buffa e o melodrama romántico. Como compositor cinematográfico, emprega con habilidade o leitmotiv para as situacións que se repiten. Únense os costumes da comedia de boulevard francés cos recursos da ópera buffa italiana[1].
Baseada nun libreto adaptado da obra de Shakespeare por el mesmo e o seu socio Peter Pears, a obra de Britten é pouco común na historia da ópera, xa que conta cun contratenor no papel principal masculino.[41]
A primeira versión da ópera foi rexeitada pola Oper Köln por considerala imposible para o seu escenario: Zimmermann foi obrigado a reducir o tamaño da orquestra e a cortar algunhas demandas técnicas previamente requiridas.[46]
A primeira versión da ópera foi composta a partir dun libreto integramente con textos de Shakespeare e foi considerada un fracaso.[45] Posteriormente foi revisada por Menotti e converteuse nun éxito.
Esta ópera de Henze está baseada nun libreto de Auden e Kallman, que lle requiriron ao compositor que escoitara Götterdämmerung antes de comezar a compoñer a música.[46]
Davies foi unha das figuras máis representativas da emerxente música británica nos anos '60. Esta ópera está baseada nunha lenda do século XVI sobre o compositor John Taverner[7].
Os seus episodios musicais teñen pouco que ver cunha ópera tradicional, aínda que o canto, especialmente o do coro, non deixa de ter características suficientes para englobar esta obra na tradición operística occidental[1].
Ao contrario da súa primeira ópera Einstein on the Beach, a escritura e o estilo son máis convencionais e líricos e moita da música da obra é unha das máis disonantes que escribiu Glass.[50]
↑Segundo John Mainwaring, o primeiro biógrafo de Händel, O teatro en case tódalas pausas resoaba con berros de "Viva il caro Sassone". Estaban atónitos polo sublime do seu estilo: ata aquela non coñeceran tan de cerca tódolos poderes que poden despregar a harmonía e a modulación combinadas.
The Penguin Guide to Opera on Compact Discs ed. Greenfield, March e Layton (1993 edition). ISBN 0-14-046957-5.
Stein, Louise K. (1999), La púrpura de la Rosa (Introdución á edición crítica da partitura e libreto), Ediciones Iberautor Promociones culturales S.R.L. / Instituto Complutense de Ciencias Musicales, 1999, ISBN 84-8048-292-3 (reprimpreso con permiso do editor en Mundoclasico.com)