La serva padrona (en galego A criada padroa) é unha ópera bufa en dous actos con música de Giovanni Battista Pergolesi e libreto en italiano de Gennaro Antonio Federico, a partir da obra de teatro de Jacopo Angello Nelli. A ópera dura só uns 45 minutos e foi representada orixinalmente como un intermezzo na ópera seria de Pergolesi Il prigioniero superbo (O orgulloso prisioneiro). Ámbalas dúas foron estreadas no Teatro San Bartolomeo de Nápoles, o 5 de setembro de 1733. O mesmo libreto foi posteriormente musicado por Giovanni Paisiello. O renome internacional de Pergolesi debeuse ao éxito obtido por La serva padrona na súa representación en París en 1752, que fixo estoupar a famosa Querelle des Bouffons.
Personaxes
Notas
Véxase tamén