Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.
O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."
Personaxes
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 151. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala mezzosoprano.
- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
Véxase tamén