Giuditta Angiola Maria Costanza Pasta (nada Giuditta Angiola Maria Costanza Negri), nada en Saronno (Italia) o 26 de outubro de 1797 e finada o 1 de abril de 1865 en Como, foi unha cantante italiana cun rexistro de mezzosoprano e soprano. É considerada, xunto con Maria Malibran, a máis célebre cantante lírica do século XIX, aclamada no seu tempo polo seu rango vocal e a súa expresividade.
Traxectoria
Filla de Carlo Antonio Negri e Rachele Ferranti, naceu en Saronno, unha localidade italiana próxima a Milán, o 26 de outubro de 1797 como Giuditta Negri, e dende moi pequena mostrou interese pola música.