Don Carlos, ou Don Carlo na versión en italiano, é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.
Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Filipe II e o Grande Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, o rei Filipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.
Ao longo de vinte anos, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha outra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.[3]
Personaxes
Personaxe
|
Tesitura
|
Elenco na estrea 11 de marzo de 1867[4][5] (Director: François George-Hainl)
|
Versión revisada Elenco na estrea 10 de xaneiro de 1884[4] (Director: - )
|
Filipe II (Philippe/Filippo) o Rei de España, fillo de Carlos I e pai de Don Carlos
|
baixo
|
Louis-Henri Obin
|
Alessandro Silvestri
|
Don Carlos (Don Carlo), Infante de España, fillo e hedeiro do Rei
|
tenor
|
Jean Morère
|
Francesco Tamagno
|
Rodrigue (Rodrigo), Marqués de Posa, un amigo do Infante Don Carlos
|
barítono
|
Jean-Baptiste Faure
|
Paul Lhérie
|
O Grande inquisidor de España (Diego, cardeal de Espinosa na época, mais non mencionado como tal na ópera)
|
baixo
|
Joseph David
|
Francesco Navarini
|
Isabel de Valois, unha princesa francesa, inicialmente prometida a Don Carlos, mais logo casada co Rei Filipe
|
soprano
|
Marie-Constance Sass
|
Abigaille Bruschi-Chiatti
|
La princesa de Éboli, unha aristócrata na corte
|
mezzosoprano
|
Pauline Guéymard-Lauters
|
Giuseppina Pasqua
|
Un monxe (a aparición do defunto emperador Carlos V, ou Carlo Quinto)
|
baixo
|
Armand Castelmary
|
Leopoldo Cromberg
|
Thibault (Tebaldo), paxe de Isabel
|
soprano
|
Leonia Levielly
|
Amelia Garten
|
Unha voz do Ceo
|
soprano
|
|
|
O conde de Lerma, un delegado español en Francia
|
tenor
|
Gaspard
|
Angelo Fiorentini
|
Heraldo real
|
tenor
|
Mermant
|
Angelo Fiorentini
|
Condesa de Aremberg, unha dama de compañía de Isabel
|
papel mudo
|
Dominique
|
|
Representantes flamengos, inquisidores, damas e cabaleiros da corte española, o pobo, gardas, paxes, monxes, soldados - coro
|
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 178. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Budden, pp. 23-25
- ↑ 4,0 4,1 Budden, p. 4
- ↑ "Don Carlos, Instituto Nazionale di Studi Verdiani". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén