Ernani é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi sobre un libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseada na peza teatral Hernani de Victor Hugo, obra que introducira o Romanticismo en París derrotando as convencións do teatro clásico francés. Foi estreada o 9 de marzo de 1844 no Teatro La Fenice de Venecia. Esta ópera tivo éxito dende o principio, especialmente pola súa riqueza de melodías.
Para o final da ópera, Verdi compuxo un trío que cría que melloraba o orixinal de Hugo, en canto que a acción podía desevnvolverse máis rapidamente ata acadar a súa culminación. Aquí, Ernani, Silva e Elvira se enfrontan. Silva reclama a vida de Ernani, mentres Elvira lle pide compaixón e Ernani renega do seu destino.
Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto 154 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 48ª en Italia e a 16ª de Verdi, con 20 representacións nese período.
Personaxes
Véxase tamén