Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao (en galego Un día de reinado, ou o falso Estanislau) é unha ópera cómica en dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Alexandre Vincent Pineu-Duval, Le faux Stanislas. A ópera foi estreada o 5 de setembro de 1840 no Teatro alla Scala de Milán.
Trátase da segunda ópera de Verdi e a primeira ópera cómica das dúas que compuxo ao longo da súa vida do compositor italiano. A ópera resultou un completo fracaso, ao que contribuíu a súa propia traxedia: a súa primeira dona Margherita Barezzi morreu durante a composición da obra. Verdi non tentou compoñer outra ópera cómica ata o final da súa carreira, con Falstaff.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase[1] con só 6 representacións para o período 2005-2010.
Personaxes
Notas
Véxase tamén