Les vêpres siciliennes

Les Vêpres siciliennes/I vespri siciliani
As vésperas sicilianas
Cartel da estrea.
FormaÓpera
Actos e escenas5 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaCharles Duveyrier e Eugène Scribe (en francés)
Arnaldo Fusinato (en italiano)
Fontes literariasbaseado no drama dos libretistas franceses Le Duc d'Albe
Estrea13 de xuño de 1855
Teatro da estreaÓpera Garnier
Lugar da estreaParís
Duración3 horas 20 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Véxase personaxes

Les vêpres siciliennes (en francés) ou I vespri siciliani (en italiano) (traducido ao galego como As vésperas sicilianas), é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto orixinal en francés de Charles Duveyrier e Eugène Scribe, do seu propio drama Le Duc d'Albe, que foi escrito en 1838 e ofrecido a Halévy e Donizetti antes de que Verdi acordase poñerlle música en 1854.[1]. Está baseada nuns acontecementos históricos que tiveron lugar en 1282 e que son coñecidos como as Vésperas sicilianas, empregando materiais retirados do baseado nun evento histórico, as Vésperas sicilianas de 1282, utilizando materiais tirados do tratado medieval siciliano Lu rebellamentu di Sichilia. A estrea tivo lugar na Ópera Garnier de París o 13 de xuño de 1855.

Ao igual que ocorreu con Don Carlos, que tamén foi estreada cun libreto en francés, foi traducida rapidamente ao italiano e estreada o 26 de decembro de 1855 no Teatro Regio de Parma. Para esta versión Verdi tivo que axustarse á censura trocando o libreto e o título polo de Giovanna di Guzman. O 4 de febreiro de 1856 estreouse no Teatro alla Scala de Milán unha terceira versión da ópera en italiano e completa que actualmente é a máis coñecida e gravada.

Personaxes

Personaxe:
FR: Versión francesa orixinal.
IT: Tradución italiana con troco de localización e personaxes a Portugal.
Post-1861: versións traducidas ao italiano posteriores a 1861,
volvendo ás versións italianas dos nomes do orixinal francés.
Tesitura Versión en francés:
Elenco da estrea,
13 de xuño de 1855[2]
Ópera de París
(Director: Narcisse Girard )
Versión en italiano:
Elenco da estrea,
26 de decembro de 1855
Teatro Regio (Parma)
(Director: Nicola De Giovanni[3])
FR: Guy de Montfort, gobernador de Sicilia baixo Carlos de Anjou, rei de Nápoles
IT: Michele de Vasconcello, un traidor portugués.[4]
Post-1861: Guido di Monteforte
barítono Marc Bonnehée Francesco Cresci
FR: Le Sire de Béthune, un oficial francés
Post-1861: Señor de Bethune
baixo Théodore-Jean-Joseph Coulon Guglielmo Giordani
FR: Le Comte de Vaudemont, un oficial francés
Post-1861: Conde Vaudemont
baixo Jacques-Alfred Guignot Angelo Corazzani
FR: Henri, un xove siciliano
IT: Enrico
Post-1861: Arrigo
tenor Louis Guéymard Antonio Giuglini
FR: Jean Procida, un doutor siciliano
IT: Don Giovanni Ribera Pinto, un capitán portugués
Post-1861: Giovanni da Procida
baixo Louis-Henri Obin Giorgio Atry
FR: La Duchesse Hélène, irmá do duque Federico de Austria
IT: Giovanna de Guzman (orixinalmente Helena)
Post-1861: Elena
soprano Sophie Cruvelli Caterina Goldberg Strossi
Ninette, su doncella contralto Clarisse-Françoise Sannier Teresa Lenci Marsili
FR: Daniéli, o seu sirviente
Post-1861: Danieli
tenor Jean-Jacques Boulo Carlo Salvatore Poggiali
FR: Thibault , un soldado francés
Post-1861: Tebaldo
tenor M. Aimes Raffaele Giorgi
FR:: Robert, un soldado francés
Post-1861: Roberto
barítono Mécène Marié de l'Isle Raimondo Beffagni
FR: Mainfroid, un siciliano, partidario de Prócida
Post-1861: Manfredo
tenor Joseph Koenig Giovanni Battista Garulli

Notas

  1. Everist, p. 12
  2. Lista de cantantes tomada de Budden, p.168 (véxase abaixo)
  3. "AmadeusOnline Lista da estrea en italiano". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  4. Budden, pp.238/240

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.