Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.
Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano das paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, lixeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).
A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Porén, a medida que avanza a escritura da obra, a personaxe da Mariscala creceu e afirmouse a si mesma ata transformarse nun rol protagonista.
O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.
Personaxes
Notas
- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 421. ISBN 84-206-0284-1.
Véxase tamén