Turdus Solitarius é unha constelación creada no 1776 polo astrónomo Pierre Charles Le Monnier. Representaba un tordo ou un merlo solitario, sendo posteriormente substituída pola constelación de Noctua (o moucho). Atopábase ó final da cola de Hydra (a serpe mariña) xusto debaixo de Libra. Actualmente non ten recoñecemento oficial e ás súas estrelas están de novo repartidas entre Hidra e Libra.
Le Monnier dixo que introducira a constelación en memoria da viaxe á illa de Rodrigues, no océano Índico, por outro francés, Alexandre-Guy Pingré, quen observou o tránsito de Venus dende alí no 1761. Porén nunca explicou porque escolleu esta ave.
O científico británico Thomas Young rebautizou co nome de Mocking Bird a constelación no seu mapa de 1806, mentres co astrónomo inglés afeccionado Alexander Jamieson cambiouno por Noctua, o moucho, no seu Celestial Atlas do 1822. Jamieson comentara que era raro que ningunha destas aves estivesen entre as constelacións "tendo en conta a frecuencia con que se atopa tallada en tódolos monumentos de Exipto".
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas