Custos Messium, que en latín significa "o gardián da colleita", é unha antiga constelación ideada polo astrónomo francés Joseph Lalande no 1775.
Características
Está composta por un grupo de estrelas febles situadas entre as actuais constelacións de Camelopardalis, Cassiopeia e Cepheus, representa a un granxeiro que colleita trigo. Esta área do firmamento fóra antigamente coñecida coma "O Campo de Trigo". Aínda que a constelación apareceu en varios atlas estelares, pronto caeu no esquecemento e hoxe en día non é recoñecida coma tal.
O nome Messium fai referencia a Charles Messier, o famoso cazador de cometas, e, de feito, era a miúdo coñecida coma Messier, particularmente en Francia. Joseph Lalande escolleu esta zona anteriormente anónima do ceo porque foi aquí onde foi visto o cometa de 1774. O cometa fóra amplamente observado por Messier, pero, ironicamente, non foi descuberto por el (o descubridor foi outro francés, Jacques Montaigne).