Triangulum Minor ou Triangulum Minus (latín para triángulo menor) é o nome dunha constelación, hoxe en día en desuso, creada por Johannes Hevelius a cal estaba formada polas estrelas da parte sur da actual constelación de Triangulum. O triángulo estaba definido polas seguintes estrelas de quinta magnitude: 6 Trianguli (tamén coñecida polo seu nome de variableTZ Trianguli), 10 Trianguli e 12 Trianguli[1]. Apareceu pouco nos seguintes mapas estelares, e para finais do século XIX estaba en desuso.