Testudo, a tartaruga, é unha raramente mencionada constelación cunhas orixes incertas, aínda que é atribuída á súa creación ó astrónomo William Henry Smyth no século XVIII [1]. A constelación de estrelas atopábase entre a cola de Cetus e Pisces, formada polas estrelas 20, 27, 29, 30 e 33 Piscium, que conforman un asterismo natural pero de brillo apagado [2] . A estrela 20 Piscium era tomada coma a cabeza da tartaruga. Testudo nunca atopou aceptación, polo que raramente é mencionada polos astrónomos.
Notas
- ↑ "Shane Horvatin: obsolete constellations". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2008.
- ↑ Astrocultura.uai.it, di Ciofi e Torre: Costellazioni Estinte