Jordanus ou Fluvius Jordanus, o río Xordan, foi unha constelación creada por Petrus Plancius na súa esfera celeste de 1612. O nacemento do río estaba preto da cola da Ursa Major, na actual constelación de Canes Venatici, corría entre a Osa e Leo, na área que ocupa a día de hoxe Leo Minor e Lynx, para desembocar preto de Camelopardalis. A constelación non foi recollida nos atlas de Johann Elert Bode e caeu en desuso.
Véxase tamén
Ligazóns externas