Polophylax (en grego: gardián dos polos) é unha extinta constelación do sur situada entre Tucana e Grus. Foi inserida por Petrus Plancius nos seus pequenos planisferios celestiais dentro do seu gran mapa de parede do 1592. Foi substituída polas doce constelacións inseridas polo propio Petrus Plancius nos finais do 1597 e principios do 1598 en base ás observacións feitas no hemisferio sur por Pieter Dircksz Keyser e Frederik de Houtman.