Lochium Funis, a corda e a liña, é unha constelación menor creada por Johann Elert Bode que aparece por primeira e única vez no seu atlas estelar do 1801. As súas estrelas, na súa meirande parte de quinta magnitude, atopábanse próximas ás da actual Pyxis, o compás. Lochium Funis representa unha corda náutica e a liña de rexistro utilizada para medi-la distancia percorrida no mar, de aí a súa proximidade a Pyxis coma ó Navío Argos.
Notas