Cancer Minor (cangrexo pequeno) era unha constelación composta por estrelas de Xémini pegadas a Cáncer. Estrelas de quinta magnitude forman Cancer Minor onde HIP 36616, e 68, 74, 81 e 85 Geminorum, constitúen unha frecha natural e apagada formando un asterismo. A constelación foi inserida por Petrus Plancius no 1613 [1]. Foi usada durante o século XVII, pero deixou de ser recoñecida coma tal dende o século XVIII.
Notas