Tigris ou Fluvius Tigris é unha antiga constelación creada no século XVII cunha orixe atribuída a Jakob Bartsch ou a Petrus Plancius. Representa o río Tigris, e estendíase dende Ophiucus entre as constelacións de Aquila, Hércules, Cygnus, Sagitta e Equuleus, para rematar preto de Pegasus. As estrelas máis brillantes desta constelación eran 72 Ophiuchi (de magnitude aparente +3,71), 109 Herculis e 1 Pegasi. Rara vez mencionada, nunca tivo moita aceptación e foi esquecida axiña.
Véxase tamén
Ligazóns externas