Officina Typographica, a Oficina Tipográfica, é unha antiga constelación creada por Johann Elert Bode que aparece por vez primeira no seu atlas estelarUranographia do 1801 para conmemora-lo 350° aniversario da invención da imprenta de tipo móbil por parte de Johannes Gutenberg. Officina Typographica apareceu en poucos atlas estelares, e foi rapidamente esquecida polos astrónomos. Atopábase nunha sección do ceo ó leste da brillante constelación de Canis Major é ó norte de Puppis. Actualmente este lugar é recoñecido oficialmente coma parte da constelación de Monoceros.