Quadrans Muralis, o cuadrante mural, foi unha constelación creada por Joseph Lalande no 1795 a partir de estrelas ó norte de Boötes. A estrela principal era a variable CL Draconis, de magnitude aparente 4,95. A constelación representa un cuadrante, un antigo instrumento astronómico que era usado, xunto co octante e o sextante, para observa-la posición das estrelas.
Aínda que a constelación xa non é recoñecida polos astrónomos, deulle o seu nome ás Cuadrántidas, a choiva anual de meteoros que irradia dende esta zona cada mes de xaneiro.
Anser | Antinoo | Argo Navis | Asterion | Cancer Minor | Cerberus | Chara | Custos Messium | Felis | Frederici Honores/Gloria Frederici | Gallus | Globus Aerostaticus | Jordanus | Lochium Funis | Machina Electrica | Malus | Mons Maenalus | Musca Borealis | Noctua | Officina Typographica | Polophylax | Psalterium Georgii/Harpa Georgii | Quadrans Muralis | Ramus Pomifer | Robur Carolinum | Sceptrum Brandenburgicum | Sceptrum et Manus Iustitiae | Solarium | Tarandus vel Rangifer | Taurus Poniatovii | Telescopium Herschelii | Testudo | Tigris | Triangulum Minor | Turdus Solitarius | Vultur