Telescopium Herschelii

Constelación de Telescopium Herschelii.

Telescopium Herschelii (latín para Telescopio de Herschel) é o nome dunha constelación, hoxe en día en desuso, creada por Maximilian Hell no 1781 na honra do famoso astrónomo William Herschel. Estaba situada entre as actuais constelacións de Lynx, Auriga e Xémini.

Existiron inicialmente dúas destas constelacións, ambas inseridas no 1789 polo astrónomo húngaro de nacemento Maximilian Hell, director do Observatorio de Viena, en conmemoración do descubrimento de Urano por William Herschel. As dúa constelacións flanqueaban a zona na que o novo planeta fora atopado. Tubus Herschelii Major, coma a chamou Hell, representaba o telescopio Herschel de 20 pés de longo (6 m) e ficaba entre Xémini e Auriga. Tubus Herschelii Menor, que estaba entre Orión e Taurus, representaba o telescopio reflector de Herschel de 7 pés (2 m).

Johann Elert Bode reduciu estas constelacións a unha no seu atlas Uranographia de 1801 baixo o nome Telescopium Herschelii. Bode situou esta constelación onde Hell situara Tubus Herschelii Major, e describiuna coma o telescopio Herschel de 7 pés có que en realidade se fixera o descubrimento de Urano.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Constelacións obsoletas incluíndo Argo Navis de Ptolomeo

Anser | Antinoo | Argo Navis | Asterion | Cancer Minor | Cerberus | Chara | Custos Messium | Felis | Frederici Honores/Gloria Frederici | Gallus | Globus Aerostaticus | Jordanus | Lochium Funis | Machina Electrica | Malus | Mons Maenalus | Musca Borealis | Noctua | Officina Typographica | Polophylax | Psalterium Georgii/Harpa Georgii | Quadrans Muralis | Ramus Pomifer | Robur Carolinum | Sceptrum Brandenburgicum | Sceptrum et Manus Iustitiae | Solarium | Tarandus vel Rangifer | Taurus Poniatovii | Telescopium Herschelii | Testudo | Tigris | Triangulum Minor | Turdus Solitarius | Vultur