Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril
Hydra ou Hidra femia[1] é a meirande das 88 constelacións modernas, e foi unha das 48 constelacións que Tolomeo catalogou. Non debe ser confundida con Hydrus.
Características notables
Hidra é a constelación moderna máis grande, cunha área de 1303 graos cadrados.
A pesar da súa extensión, en Hidra hai só unha estrela bastante brillante, Alfard (α Hya, 30 Hya), de magnitude aparente 1,98.
R Hydrae é unha estrela variable Mira, que cambia dende magnitude 3.5 (neses momentos é visible a simple vista) ata 10.9, cando acada esta magnitude só pode ser observada cun telescopio.
A constelación Hydra aparece coma unha serpe retorcéndose, e así aparece nalgúns mitos gregos. Na mitoloxía grega, Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero este descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a auga nunha crátera (vasilla ou cunca), trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Segundo o mito, Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, a crátera e a serpe ó ceo. A orixe da lenda podería vir da proximidade desta constelación coas de Crater, e Corvus.