O astrónomoNicolas-Louis de Lacaille púxolle este nome na época en que estivo traballando no observatorio do Cabo de Boa Esperanza, dende 1750 ata 1754. Despois de observar unhas 10.000 estrelas meridionais, Lacaille fixo unha división do ceo sur con catorce novas constelacións, entre as cales estaba Antlia.
Observación
α (alpha) Antliae: (Ascensión recta (A.R.) 10 h, 27 min, 9,1 s - declinación (Dec.) de -31°, 04' 04".). Magnitude aparente de Alfa Ant é 4,25 e o seu tipo espectral é K4.
δ (delta) Antliae: A.R. 10 h, 29 min, 35,3 s - Dec. de -30°, 36', 26". A magnitude aparente de Delta Ant é 5,56 e o seu tipo espectral é B9. A Delta Ant acompañada unha estrela branco-azulada de magnitude 9,7 e ambas atópanse a 1100 anos luz de distancia do Sol.
ζ (zeta) Antliae: Sistema triplo de estrelas que se pode ver con pequenos telescopios.