Sextans ou Sextante[1] é unha constelación menor do sur que foi inserida no século XVII por Johannes Hevelius. Inseriuna en lembranza polo instrumento que perdera nun incendio. Está situada entre Leo e Hydra e non é unha constelación particularmente brillante. Non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
Estrelas principais
- α Sextantis, estrela xigante branca, a máis brillante da constelación con magnitude aparente 4,48.
- β Sextantis, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum cun brillo que oscila entre magnitude 5,00 e 5,10.
- γ Sextantis, sistema estelar triplo de magnitude conxunta 5,07. As dúas compoñentes principais son estrelas brancas da secuencia principal.
- ε Sextantis, xigante amarela de magnitude 5,25.
- SS Sextantis (25 Sextantis), variable Alfa2 Canum Venaticorum de magnitude 5,93 que amosa unha pequena variación no seu brillo de 0,04 magnitudes.
- LHS 292, anana vermella e estrela fulgurante nas proximidades do sistema solar.
Obxectos notables do espazo profundo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas