Unha galaxia anana é unha pequena galaxia composta por desde uns 100 millóns ata varios miles de millóns de estrelas, o que é unha cifra pequena comparada cos 200 a 400 mil millóns de estrelas que ten unha galaxia grande como a Vía Láctea. A Gran Nube de Magalláns, que orbita moi próxima á Vía Láctea e contén uns 30 mil millóns de estrelas, é ás veces clasificada como galaxia anana, aínda que outros a consideran unha galaxia normal de pleno dereito. A formación de galaxias ananas e a súa actividade crese que están moi influenciadas polas interaccións con galaxias grandes. Os astónomos identificaron numerosos tipos de galaxias ananas, baseándose na súa forma e composición.
Formación
Unha teoría vixente afirma que a maioría das galaxias, incluíndo as galaxias ananas, fórmanse en asociación coa materia escura, ou a partir de gas que contén metais. Porén, a sonda espacial da NASAGalaxy Evolution Explorer (Explorador da Evolución das Galaxias) identificou novas galaxias ananas que se formaban a partir de gases con baixa metalicidade. Estas galaxias estaban localizadas no Anel de Leo, unha nube de hidróxeno e helio arredor de dúas galaxias masivas na constelación de Leo.[2]
Debido ao seu pequeno tamaño, observouse que galaxias ananas eran atraídas cara a galaxias espirais veciñas e desgarradas, o que ten como resultado unha fusión de galaxias.[3]
Galaxias ananas locais
Hai moitas galxias ananas no Grupo Local onde se encontra a Vía Láctea; estas pequenas galaxias orbitan frecuentemente arredor de galaxias máis grandes, como a Vía Láctea, Andrómeda e Triangulum. Un traballo de 2007[5] suxeriu que moitas galaxias ananas foron creadas por mareas galácticas durante a evolución inicial da Vía Láctea e Andrómeda. As galaxias ananas mareais prodúcense cando as galaxias colisionan e as súas masas interaccionan gravitatoriamente. Correntes de material galáctico sepáranse das galaxias parentais e dos halos de materia escura que as rodean.[6]
Arredor da Vía Lácea orbitan máis de 20 galaxias ananas coñecidas, e observacións recentes[7] fixeron pensar aos astrónomos que o cúmulo globular máis grande da Vía Láctea, Omega Centauri, é, de feito, o núcleo dunha galaxia anna cun burato negro no seu centro, o cal foi hai algún tempo absorbido pola Vía Láctea.
En astronomía, unha galaxia anana compacta azul ou galaxia BCD (do inglés Blue Compact Dwarf) é unha pequena galaxia que contén grandes cúmulos de estrelas masivas, quentes e novas. Como as máis brillantes destas estrelas son azuis, isto causa que a propia galaxia apareza predominantemente de cor azul.[11] A maioría das galaxias ananas compactas azuis son tamén clasificadas como ananas irregulares ou como ananas lenticulares. Como están compostas por cúmulos de estrelas, as galaxias BCD carecen de forma uniforme. Consomen gas moi intensamente, o que fai que as súas estrelas sexan moi violentas cando se forman.
As galaxias BCD arrefrían no proceso de formación de novas estrelas. As estrelas das galaxias fórmanse en diferentes períodos de tempo, polo que as galaxias teñen tempo de arrefriar e de acumular materia para formar novas estrelas. A medida que pasa o tempo, esta formación de estrelas cambia a forma das galaxias.
As galaxias ananas ultracompactas ou galaxias UCD (do inglés Ultra-compact Dwarf) son unha clase de galaxias moi compactas con densidades estelares moi altas,
descubertas[16][17][18] na década do 2000.
Crese que conteñen uns 100 millóns de estrelas.[19] Teorízase que son os núcleos de galaxias ananas elípticas nucleadas que foron despoxadas de gas e de estrelas periféricas polas interaccións mareais, e viaxaron a través do corazón de ricos cúmulos.[20] Atopáronse UCD no Cúmulo de Virgo, cúmulo de Fornax, Abell 1689 e no Cúmulo de Coma, entre outros lugares.[21]
Nunha particular e sen precedentes gran mostraxe o equipo da Next Generation Virgo Cluster Survey atopou ~ 100 UCD na rexión central do cúmulo de Virgo. Os primeiros estudos relativamente robustos das propiedades das UCD de Virgo indican que as UCD teñen unha distinta dinámica[22]
e propiedades estruturais[23] con respecto aos cúmulos globulares. Un exemplo extremo de UCD é M60-UCD1, situada a uns 54 millóns de anos luz de nós, que contén aproximadamente 200 millóns de masas solares dentro dun raio de 160 anos luz; a súa rexión central está ateigada de estrelas situadas unhas 25 veces máis xuntas que as estrelas da rexión da Vía Láctea onde está a Terra.[24][25]M59-UCD3 é de aproximadamente o mesmo tamaño que M60-UCD1 cun raio de luz media, rh, de aproximadamente 20 parsecs pero é un 40% máis luminosa cunha magnitude aparente relativa de aproximadamente −14.6. Isto fai a M59-UCD3 a galaxia coñecida máis densa.[26]
Baseándose nas velocidades orbitais estelares, dous UCD do cúmulo de Virgo se cre que teñen buratos negros supermasivos con pesos do 13% e 18% das masas desas galaxias.[27]
↑"Evidence for densest galaxy in nearby universe". Phys.org (Omicron Technology Ltd). 24 September 2013. Consultado o 25 September 2013. O que fai que M60-UCD1 sexa tan salientable é que aproximadamente metade da súa masa se encontra dentro dun raio de só uns 80 anos luz. A densidade de estrelas é de aproximadamente 15 000 veces maior, o que significa que as estrelas están 25 veces máis próximas unhas doutras que na rexión da Terra da galaxia Vía Láctea.
↑Sandoval, Michael A.; Vo, Richard P.; Romanowsky, Aaron J.; Strader, Jay; Choi, Jieun; Jennings, Zachary G.; Conroy, Charlie; Brodie, Jean P.; Foster, Caroline; Villaume, Alexa; Norris, Mark A.; Janz, Joachim; Forbes, Duncan A. (23 July 2015). "Hiding in Plain Sight: Record-breaking Compact Stellar Systems in the Sloan Digital Sky Survey". The Astrophysical Journal808 (1): L32. Bibcode:2015ApJ...808L..32S. arXiv:1506.08828v2. doi:10.1088/2041-8205/808/1/L32.