As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.
Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:
Sistema do Triángulo (M33): a terceira maior galaxia e a única espiral no Grupo Local, pode ou non ser unha compañeira da Galáxia de Andrômeda, apenas ten unha galaxia satélite, a Anana de Pisces (LGS 3)
O futuro do Grupo Local
Tense observado que Andrómeda e a Vía Láctea se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.
Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do Universo impedirá que isto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, o grupo atópase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal se aproxima.
↑Wakker, B. P. (2008). "Distances to Galactic High‐Velocity Clouds. I. Cohen Stream, Complex GCP, Cloud g1". The Astrophysical Journal672: 298. doi:10.1086/523845.