Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.
Núcleo de poboación
Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.
Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.
Patrimonio
Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:
A igrexa rupestre de San Xoán, en Socueva, nun farallón calcario dominando o pobo de Socueva. As paredes que non son de pura rocha están feitas de cachotería. Ten unha nave e unha ábsida con bóveda de forno, separado por un arco triunfal de ferradura. Conserva restos da mesa de altar e o seu soporte. Pertence ao século IX.