Voto, CantabriaEstado España Comunidade autónoma Cantabria
Capital Voto (en) Contén a división administrativa Poboación 2.947 (2023) (37,93 hab./km² ) Parte de Superficie 77,7 km² Altitude 28 m Comparte fronteira con • Alcalde Daniel Fernandez (en) Código postal 39... Fuso horario Código INE 39102
Voto é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España ). Limita polo norte cos concellos de Bárcena de Cicero e Colindres , polo oeste con Solórzano , polo sur con Ruesga e Ramales de la Victoria e polo leste con Limpias e Ampuero .
Forma parte da comarca de Trasmiera e por Voto transcorren as rías de Limpias e Rada , incluídas dentro do Parque natural das Marismas de Santoña, Victoria e Joyel . Polo leste atópanse as serras de Breñas, Sel e Mullir, que o separan do val do Asón.
Localidades
Patrimonio
Cova de “Cobrantes” en San Miguel de Aras , con categoría de Ben de interese cultural .
Cova de “El Otero” en Secadura , tamén con categoría de Ben de interese cultural.
Palacio do Conde de San Carlos en Valdelastras (Secadura), con categoría de Ben inmoble de interese local.
Casa de Velasco , exemplo de arquitectura civil do século XVII , situado no barrio de Angustina de Carasa . O mal estado de conservación do mesmo motivou a inclusión deste monumento na lista de patrimonio en perigo da asociación para a defensa do patrimonio Hispania Nostra .
Economía
Un 28,2 % da poboación do municipio emprégase no sector primario , un 12,8 % na construción , un 29,6 % na industria e un 29,4 % no sector terciario .
Demografía
Fonte: Instituto Nacional de Estadística
Administración
As seguintes táboas expoñen os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007 .[ 1]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido
Votos
%
Concelleiros
PP
665
38,48 %
5
PRC
606
35,07 %
4
PSOE
372
21,53 %
2
Alcalde electo: Felipe Alberdi Rodríguez (PSC-PSOE ).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido
Votos
%
Concelleiros
PSOE
589
33,87 %
4
PRC
531
30,53 %
3
PP
457
26,28 %
3
Alcalde electo: José Luis Trueba de la Vega (PRC ).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas