As primeiras noticias documentadas sobre Hazas de Cesto atópanse no Cartulario de Santa María del Puerto (Santoña) e datan de 1213. O Becerro de las Behetrías, de 1351, sitúana baixo a dependencia da casa de Solórzano.
Posteriormente, no Catastro do Maqués de Ensenada, realizado en 1753, indícase que é de reguengo.
Núcleo de poboación
Hazas de Cesto é tamén unha localidade do municipio. No 2008 tiña unha poboación de 429 habitantes (INE). Está situado a unha altitude de 65 metros sobre o nivel do mar, e a 2 quilómetros da capital municipal, Beranga. Nesta localidade naceu Juan Ignacio Solana de la Escallada (1920–1987), relixioso.
Patrimonio
Deste municipio destaca o Edificio de “Los Corros”, en Beranga, ben inventariado.
Demografía
As cifras do Instituto Cántabro de Estadística asignan a Hazas de Cesto unha poboación de 1.347 habitantes no 2008, aumentando con respecto ao ano anterior.
Mazarrasa Mowinckel, Karen: Catálogo monumental de los ayuntamientos de Hazas de Cesto y Solórzano. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 1999.
Vierna, Fernando de: "Respuestas Generales de Hazas de Cesto al Catastro del Marqués de la Ensenada", en "Altamira" nº 65. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 2005.