Arnuero é tamén localidade do concello, e contaba no 2008 con 2 091 habitantes (INE). A localidade está situada a 43 quilómetros de Santander. En Arnuero atopamos a igrexa da Asunción, que posúe un retablorenacentista, e que foi declarada ben de interese cultural no ano 1993.
Ten catro praias e é un lugar turístico importante da rexión. Ten como atractivo os seus areais, a súa gastronomía (baseada en produtos hortícolas cultivados nas súas terras) e os seus peixes e mariscos.
En Isla atópase o palacio dos Condes de Isla-Fernández, a torre de Cabrahigo, a torre medieval e a igrexa de San Xulián e Santa Basilisa.
En Castillo Siete Villas está a torre de Venero.
Na capital municipal está a igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XVI, que provén dun mosteiro medieval fundado polos visigodos arredor do ano 650; e o muíño de Castellanos.
Ademais, están protexidos o centro histórico de Isla como lugar ou ruta cultural, e o Hospital de Peregrinos, tamén de Isla, que é ben inventariado.
Debido ao aumento demográfico, no 2007 a corporación municipal pasou de ter 9 edís a ter 11. Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003, 2007 e 2015.[1]
"La Cruz del Cincho": Consiste na colocación cada 50 anos dunha cruz sobre o cumio do Cincho. Esta tradición remóntase ao ano 1763 e a última vez que se celebrou foi no 2000.
Semana Santa: Na vila de Soano é tradición facer celebracións dende o venres Santo até o luns de Pascua.