Piélagos
Piélagos é un concello español de Cantabria, pertencente á comarca de Santander. No ano 2005 tiña 15.748 habitantes XeografíaLimita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Miengo, Polanco e Torrelavega, ao sur con Puente Viesgo e Castañeda e ao leste con Villaescusa, El Astillero, Camargo e Santa Cruz de Bezana. Abrangue as lucalidades de Arce, Barcenilla, Boo, Carandía, Liencres, Mortera, Oruña, Parbayón, Quijano, Renedo de Piélagos (Capital), Vioño de Piélagos e Zurita. EconomíaEstá situado no eixo Santander-Torrelavega, foco industrial e residencial da rexión, participando o municipio destas dúas calidades da zona. Tradicionalmente, o principal sector da zona foi a gandería, con todo debido á súa estratéxica situación, o municipio foi lugar de asentamento de varias empresas, entre elas algunhas leiteiras, intimamente relacionadas coa explotación gandeira. Debido á beleza da súa costa e ás boas comunicacións, a construción está experimentando un auxe urbanístico non sempre respectuoso coa natureza e moitas veces masivo pero que efectivamente está aumentando continuamente a poboación de Piélagos. NaturezaCon 8 quilómetros de costa, Piélagos ten sete praias entre as que destaca a de Valdearenas, incluída no Parque natural das Dunas de Liencres, na desembocadura do río Pas. SímbolosO escudo está timbrado coa Coroa Real pechada e sobreposto a unha cartela de rolos cor pel, como adorno exterior. En campo de prata dúas pontes: o ponte de Arce e o ponte de Carandia estimando que ambos son puntos históricos e xeográficos representativos do municipio. A bandeira do municipio de Piélagos é de fondo verde está interrompida por dúas franxas brancas, situadas unha na parte superior e outra na parte inferior. Inserido o escudo heráldico rodeado de doce estrelas, que representan aos doce pobos do municipio. PatrimonioCinco son os bens de interese cultural do municipio:
Ademais, hai catro Bens de interese local:
E tres bens inventariados:
Demografía
Fonte: Instituto Nacional de Estadística AdministraciónJesús Ángel Pacheco Bárcena (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.
|