A súa economía sempre foi agropecuaria, forestal e ultimamente turística.
Un 21 % da poboación emprégase no sector primario, un 21,6 % na construción, un 12,6 % na industria e un 44,8 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 49,4 % e a taxa de paro é do 10,2 %, mentres que a media en Cantabria está arredor do 52,5 % e do 14,2 % respectivamente. Predomina polo tanto o sector servizos.
Patrimonio
Destaca unha Casa-Torre en Roiz, ben de interese cultural con categoría de monumento e, ademais, a Casona da Salceda en Treceño, Ben inventariado.