Luena é un concello español situado na Comunidade Autónoma de Cantabria, na comarca do Val do Pas. Dista 48 km da capital autonómica, Santander. Segundo datos de 2007 tiña 792 habitantes. A área municipal abrangue 90,8 km².
Luena ten os lindes seguintes: polo norte con Arenas de Iguña, Santiurde de Toranzo e máis Corvera de Toranzo; polo oeste con Molledo e San Miguel de Aguayo; polo leste con Vega de Pas e máis San Pedro del Romeral; polo sur con Campoo de Yuso e a provincia de Burgos, á que se accede pola estrada N-623.
Font: INE