A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]
A poboación total da comarca alcanza a cifra de 14.240 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Ampuero (3.951), Ramales de la Victoria (2.333) e Guriezo (2.101). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Valle de Villaverde (373), Arredondo (558) e Rasines (999).
O val do Asón destaca polos seus escabrosos macizoscalcarios, que albergan no seu interior unha extraordinaria riqueza espeleolóxica, así como maxestosos e interesantes centenarios bosques de faias, carballos e aciñeiras, sen dúbida os máis notables da zona oriental de Cantabria. Cabe destacar as súas belas paisaxes de montaña aos que se unen os vales con verdes praderias.
Val de Soba
Este val é percorrido polo río Gándara, afluente do Asón. Os límites históricos e municipais de Soba exceden aos do val xeograficamente entendido, e inclúen tamén a cabeceira do Asón, a marxe dereita do val do río Miera (Valdició, localidade do municipio de Soba) e a marxe esquerda do val do río Calera, limítrofe coa provincia de Biscaia.