Adolphe Edmond Dieudonné, nado en París o 31 de xaneiro de 1868 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1945, foi un numismático francés vinculado ao Gabinete de Medallas e Moedas da Biblioteca Nacional de Francia.
Traxectoria
Adolphe Dieudonné naceu o 4 de agosto de 1868 no parisiense bulevar Voltaire, fillo de Marié Léonie Garnier e do enxeñeiro ferroviario Marie Henry Camille Dieudonné (1836-1891), de ascendencia normanda.[1]
Cursou a súa educación primaria e secundaria na escola Rocroy-Saint-Léon e no colexio Rollin, na súa cidade natal, e en 1891 ingresou na École des Chartes,[2] onde acadou o seu título de arquiveiro paleógrafo, mediante a presentación dunha tese sobre Hildebert de Lavardin, bispo de Le Mans no século XII.[1][3]
Dieudonné comezou a traballar en 1895 na Biblioteca Nacional de Francia, no Departamento de Impresións. No entanto, o 7 de novembro de 1896 pasou a estar adscrito ao Departamento de Medallas e Moedas, onde se lle encomendou colaborar nos traballos de clasificación das moedas da colección Waddington, baixo a dirección de Ernest Babelon.[4] Neste departamento permaneceu durante toda a súa carreira profesional, ata o seu retiro en 1937. En 1913 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete de Medallas e en 1924 pasou a substituír a Ernest Babelon na dirección, como conservador titular.[5][6][2]
O seu interese centrouse inicialmente na numismática antiga, sobre a que publicou numerosos artigos na revista Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática. Nalgúns casos, nestas colaboracións presentaba as adquisicións de moedas gregas e romanas do Gabinete de Medallas e Moedas, entre 1895 e 1905. Logo da saída de Maurice Prou do Gabinete, Doieudonné pasou a focalizar o seu interese na historia da moeda francesa, sobre todo nas emisións reais e feudais, tema central das súas monografías posteriores.[2][6]
Entre 1906 e 1934 foi secretario da Revue numismatique e novamente ocupou o mesmo cargo no período 1939-1942.[7]
En paralelo á numismática, Dieudonné encargouse tamén, como epigrafísta, do inventario das inscricións antigas do Gabinete de Medallas.[2][8]
Adolphe Dieudonné foi tamén profesor de Numismática na École des Chartes.[5][9] Entre outras sociedades e entidades eruditas, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, que presidiu entre 1916 e 1918,[10] e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.[11]
O 4 de agosto de 1945 faleceu aos 77 anos nun hospital de París, como consecuencia das feridas sufridas ao ser atropelado por un camión uns días antes.[1][2]
Recoñecementos
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Adolphe Dieudonné ao longo da súa carreira:[15][16][17]
Monografías
Artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 428.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 R. L. (1951).
- ↑ Véxase (1898) en "Publicacións".
- ↑ Babelon, E. (1898). Inventaire sommaire de la Collection Waddington acquise par l'État en 1897. Rollin, París
- ↑ 5,0 5,1 Babelon, J. (1938). Páxina 226.
- ↑ 6,0 6,1 Le Gentilhomme, P. (1946). Páxinas 428-429.
- ↑ Lafaurie, J. (1986). "La Revue numismatique a 150 ans". En Revue numismatique. Volume 6. Nº 28. Páxinas 7-50.
- ↑ Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 429.
- ↑ Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 430.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ "Dieudonné Adolphe Edmond". Comité des travaux historiques et scientifiques.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Dieudonné, Adolphe Edmond". Base de donées Léonore.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Dieudonné, Adolphe Edmond 1868-1945 Arquivado 21 de novembro de 2021 en Wayback Machine. ". Digital Library Numis.
- ↑ "Dieudonné, A. (Adolphe) 1868-1945". WorldCat Identities.
- ↑ "Dieudonné, Adolphe (1868-1945)". Persee.fr
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
|
---|
1883–1900 | | |
---|
1901–1950 | |
---|
1951–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|
|
---|
1918–1960 | | |
---|
1961–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|