Os catro anos seguintes pasounos como colaborador en prácticas no Museo de Historia de Hamburgo e en 1935 ingresou como conservador do gabinete numismático ducal de Gotha, onde se dedicou á catalogación dos tesouros de moedamedieval achados en Turinxia.[1][2]
En 1937, Hävernick acadou a súa habilitación como profesor universitario de Antigüidade e Folclore Alemán, baixo a dirección de Otto Lauffer, daquela director do Museo de Historia de Hamburgo e ao mesmo tempo profesor desa mesma especialidade na Universidade de Hamburgo. En 1943 acadou a habilitación como profesor de Numismática e Historia Monetaria das Idades Media e Moderna na Universidade de Jena, onde tamén exerceu como profesor.
En 1945 regresou a Hamburgo e comezou a ensinar na universidade desa cidade de xeito independente. O ano seguinte encomendóuselle provisionalmente a xestión do Museo de Historia de Hamburgo e a partir do 1 de abril de 1947 tomou o relevo de Lauffer como director do museo e profesor de Folclore na universidade, postos que ocupou ata a súa xubilación en 1973.[1][2]
Nesa mesma época, fundou a revista Hamburger Beiträge zur Numismatik ("Contribucións de Hamburgo á numismática"), que se converteu na principal revista científica desta materia en Alemaña durante varias décadas.
Nas décadas de 1960 e 1970, Hävernick foi abandonando progresivamente o mundo numismático nas súas investigacións en favor do folclore e a cultura cotiá, ata a súa xubilación en 1973. O seu libro Schläge als Strafe ("Malleiras como castigo"), de 1970, foi visto como unha defensa do abuso educativo, o que o fixo obxecto de duras críticas en revistas de educación, de psicoloxía e de lexislación.[4][5]
Hävernick finou en Hamburgo en 1983 o día do seu aniversario e foi soterrado xunto coa súa familia no cemiterio de Ohlsdorf, na mesma cidade.[6]
Esta é unha escolma das monografías máis representativas da traxectoria académica de Walter Hävernick:[8][9][10]
(1930). Der Kölner Pfennig im 12. und 13. Jahrhundert. Periode der territorialen Pfennigmünze. Kohlhammer, Stuttgart.
(1935). Die Münzen von Köln. Die königlichen und erzbischöflichen Prägungen der Münzstätte Köln, sowie die Prägungen der Münzstätten des Erzstifts Köln. Vom Beginn der Prägung bis 1304. Neubner, Colonia.
(1936). Das hessische Münzwesen. Elwert, Marburgo.
(1955). Die mittelalterlichen Münzfunde in Thüringen. Fischer, Jena.
(1964). „Schläge“ als Strafe. Ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
(1970). Schläge als Strafe : ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
(1975). Numismatik - Aufgabe und Erlebnis 1920-1973. Ein persönlicher Abschlußbericht. Hamburger Museumsverein, Hamburgo.
Berghaus, P. ; Hatz, G. (eds.). (1965). Dona Numismatica. Walter Hävernick zum 23. Januar 1965 dargebracht. Lütcke & Wulff, Hamburgo.
Berghaus, P. (1993). "Numismatiker im Porträt: 18. Walter Hävernick 23. Januar 1905 Hamburg - 23. Januar 1983 Hamburg". En Geldgeschichtliche Nachrichten. Nº 156. Páxinas 166-172.
Hatz, G. (1984). "Walter Hävernick in memoriam (1905-1983)". En Hamburger Beiträge zur Numismatik. 36/38. Páxinas 7-14.
Wiechmann, R. (2019). "Hävernick, Walter". En Kopitzsch, F.; Brietzke, D. (eds.). Hamburgische Biografie. Vol. 7. Wallstein, Hamburgo. Páxinas 126-128. ISBN 978-3-8353-3579-0