Charles Wilson Peck

Modelo:BiografíaCharles Wilson Peck
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1901
Stechford, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1968
Londres.
Inglaterra Inglaterra.
19º Presidente da Sociedade Numismática Británica
1964 – 1965
← Derek AllenColin Stewart Sinclair Lyon (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Q89547790Estudos de moeda británica de cobre.
Actividade
Campo de traballoNumismática e odontoloxía.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEmma Louise Nisbett (1933). Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1960) Medalla da RNS.
- (1968): Medalla Sanford Saltus (BNS).

Charles Wilson Peck, nado o 24 de febreiro de 1901 en Birmingham e finado o 24 de abril de 1968 no barrio londiniense de Tooting, foi un numismático e farmacéutico británico.

Traxectoria

Infancia e formación

Peck naceu o 24 de febreiro de 1901 en Stechford, un barrio de Birmingham, único fillo de Louisa Marsch e de Thomas Whitmore Peck, farmacéutico xefe do Hospital Xeral de Birmingham e intelectual afeccionado á filatelia.[1] Educouse na King Edward VI High School e posteriormente comezou a formarse na ciencia farmacéutica da man do seu pai. A primeira guerra mundial interrompeu esta instrución en 1918, e Peck exerceu un ano como telegrafista na mariña mercante.[1]

Peck farmacéutico

En 1919 retomou a súa formación farmacéutica co seu pai, ata que en 1920 e 1922 aprobou senllos exames que o habilitaban para o exercicio profesional como farmacéutico.[2]

No propio Birmingham, comezou a traballar como axudante de farmacia no Hospital de Saint Bartholomew. O 23 de xuño de 1928 ingresou como farmacéutico do hospital Saint Thomas, en Londres, onde tamén exerceu como docente de Farmacia e Materia Médica, ata o seu retiro o 31 de marzo de 1963. Peck foi, así mesmo, editor de Pharmacopoeia of St. Thomas's Hospital nas edicións de 1931, 1935, 1941 e 1953.[2][3]

Peck numismático

Simultaneamente á súa carreira profesional, Peck foi compondo a súa propia colección de moedas. O seu interese inicial centrouse na colección e no estudo das emisións romanas de prata e foi virando progresivamente cara á moeda miúda británica de cobre, que ata o momento non espertara un grande interese entre os numismáticos. Ao terse criado en Birmingham, sentía fascinación polas cuñaxes de cobre da Ceca de Soho, de Matthew Boulton. Para os seus estudos sobre esta materia, visitaba adoito o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e en 1960 publicou un compendio da colección de moeda de cobre deste museo.[2][4]

En 1946 ingresou na Royal Numismatic Society e en 1947 na British Numismatic Society, institución esta que presidiu entre 1964 e 1965.[5][6] Tamén foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres desde 1961.[7]

Vida persoal

O 27 de xuño de 1933, Charles Wilson Peck casou con Emma Louise Nisbett, unha amiga da infancia, con quen tivo unha filla e un fillo.[2]

Recoñecementos

Publicacións

Estes son os traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Charles Wilson Peck:[10]

Farmacoloxía

  • (1931). Pharmacopoeia of St. Thomas's Hospital. St. Thomas's Hospital, Londres.
  • (1935). Pharmacopoeia of St. Thomas's Hospital. St. Thomas's Hospital, Londres.
  • (1941). Pharmacopœia of St. Thomas's Hospital. War emergency edition. St. Thomas's Hospital, Londres.
  • (1953). St. Thomas's Hospital pharmacopoeia and vade mecum (con J. B. Harman). St. Thomas's Hospital, Londres.

Numismática

  • (1960). English cooper, tin and bronze coins in the British Museum 1658-1958. British Museum, Londres [2ª ed. en 1964]

Notas

  1. 1,0 1,1 M. D. (1967). Páxina 203.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 M. D. (1967). Páxina 204.
  3. Véxase "Publicacións - Farmacoloxía".
  4. Véxase "Publicacións - Numismática".
  5. "History: Presidents of the Society". No sitio web da BNS.
  6. M. D. (1967). Páxina 205.
  7. M. D. (1967). Páxina 206.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  10. "Peck, C. Wilson". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía