Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban[2]. Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.
Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [3] en 71 países, delas 38 en Galiza.[4] A súa sede central é Arteixo.
En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City[5].
As tendas e as cifras
Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [6], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.
En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.
Modelo de negocio
Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[7]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.
Mercado e clasificacións
En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera na clasificación a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.
En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[8], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[9]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[10] do planeta.
En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[11].
Citas
O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[12].
Tendas no mundo
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[13]