Malasa é un grupo de empresas galegas adicadas ao sector do moble e a decoración fundada no Temple (Culleredo) e con sede en Sigrás, Culleredo.
Historia
Malasa foi fundada no Temple en 1992 como unha empresa de deseño, fabricación e instalación de mobiliario e decoración.[2] A empresa ten fábrica no Polígono industrial do Acevedo en Cerceda.
Malasa deseña e constrúe mobiliario para locais comerciais. Traballan para marcas como: Desigual, Tous, Skhuaban, Bershka, Zara ou Zara Home.
En 2018 GPF Capital entrou como accionista da empresa mercando un terzo das accións.[3] En 2018 comprou o Grupo Noa, tamén adicado ao sector do moble e para Inditex. Malasa acadou un volume de negocio de 130 millóns de euros.[4]
Teñen certificacións ISO 9001, ISO 14001 e FSC.
Empresas do grupo Malasa
- Comercial Malasa
- Fresno Noroeste
- Fresno Metal
- Fresno Cristal
- Ebanistería Barreiro
- Armarios Galicia
- Montajes Cerceda
- Noa Madera Creativa.
Notas