O polígono industrial do Acevedo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado no concello de Cerceda.
Historia e descrición
A primeira fase deste polígono foi promovida por Xestur e inaugurada en 1999. Un ano antes empezara a súa actividade a fase 2. O baixo prezo do solo e o Plan Miner do Ministerio de Industria fomentaron o crecemento desta área industrial.[1]
En marzo de 2011 inaugurouse un Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico que, seis anos despois, seguía sen uso; así, en abril de 2017 anunciou a decisión de converter o predio nun viveiro de empresas.[2]
Accesos
- Estrada provincial 2403
- Estrada Cerceda - Ordes
Notas