Skype é un programa gratuíto de código pechado que utiliza a tecnoloxía VoIP, propiedade de Microsoft. Foi desenvolvida polo danés Janus Friis e o sueco Niklas Zennström en 2003. En 2005 a empresa foi adquirida por eBay, e en 2011 por Microsoft.[1]
En 2013, a rede Windows Live Messenger (anteriormente MSN Messenger) integrouse en Skype.
Características
- Permite chamadas gratuítas entre usuarios.
- Ten un servizo de pago para chamar a outros teléfonos con SkypeOut.
- Dispón de SkypeIn, para recibir chamadas de teléfonos.
- Permite conversas escritas, videoconferencias e transmisión de arquivos entre usuarios.
- Funciona en Windows, macOS, Linux, iOS, Windows Phone, HoloLens e Xbox One.
- Utiliza o algoritmo AES de 256-bit para cifra-la voz
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas